Skip to Content

Recursos EDLG

DÍA DE ROSALÍA #CUMPRIUSEAXUSTIZA

Álbum: CURSO 2022-2023 -> Día de Rosalía 2023

Como ben sabedes, o 23 de febreiro (ollo, cambiou, agora non será o 24), celébrase do Día de Rosalía. Desde a Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG), este ano escolleuse o lema #cumpriuseaxustiza.

Cancións sobre Rosalía de Castro ou con versos dela

Decoración das fiestras na honra da nosa poetisa

Veredes un cartel nunha fiestra de cada clase coas seguintes mensaxes:     

  • As letras “Rosalía de Castro”.
  • As letras coa data do día.
  • Fragmentos de versos de Rosalía.
  • O hagstag: #CUMPRIUSEAXUSTIZA.
  • Cara de Rosalía. Aquí tendes o pdf para descargalas.

Logo de elaborar o seu cartel, cada clase, colocará o cartel elaborado no cristal da ventá da aula máis preto da porta para decorar a fachada.

Photocall con versos de Rosalía

Iremos poñendo as imaxes na nosa páxina. Estade atentos e atentas.

RECURSOS PARA O APALPADOR

 

Imaxe: apalpador.gal

O Apalpador, como tantas outras tradicións (Papá Noel, por exemplo), sempre xorden nun pequeno lugar e, desde aí, vanse espallando porque resultan atractivas (preme aquí para saber máis sobre iso).

No Rakonto Pequeno, hai un artigo dedicado a este personaxe. Premede na imaxe para descubrir máis.

 E esta é a canción de Pablo Díaz en pictos.

Tamén tendes estas fichas imprimibles do noso amigo.

E aquí tendes un xogo de preguntas sobre el elaborado por EDLG do CEIP Canicouva:

RECURSOS PARA MAGOSTO 2022

 

Cancións

A canción que soa na megafonía: Tres castañas polo chan

Propoñémosvos unha canción, cremos, de Susa Herrera moi sinxela de cantar na aula: Castañas polo chan. Embaixo amosámosvos a letra. A bailar!

Aí vai unha, aí van dúas,

tres castañas polo chan!

Unha é miña,

outra é túa

e outra é daquel rapaz. 

E aquí vola deixamos en pictogramas:

Canción da castaña

Enriba amosamos como sería o ritmo e a melodía da canción para que a poidades cantar na casa e no colexio. Descoñecemos o seu autor ou autora, mais a súa letra di o seguinte. Se a queredes ver con pictogramas Arasaac en pdf, premede na imaxe de embaixo.

 

Non chas quero

 

Desta volta unha canción ben bonita e clásica. Enriba tendes o vídeo co karaoke incluído. A comer castañas!

Magosto

Estamos achegándonos á celebración da festa das castañas. Aquí vos deixamos un tema tradicional titulado Magosto. Inclúese nun libro disco chamado 13 Lúas. Esta é a súa letra no Rakonto.

Xogos para o Magosto

Achégase o Magosto e, con el, os tradicionais xogos coas castañas. Se premedes na imaxe, poderedes ver o borrador explicativo dos xogos que habitualmente organizabamos ese día.

Unidade didáctica

Se premedes na imaxe de enriba, poderedes descargar unha unidade didáctica (UD) sobre o Magosto elaborada polo noso compañeiro Alberto. Vai dirixida ao 2º nivel da Educación Primaria, pero seguro que algunha actividade se pode aproveitar para outras clases.

DÍA DE ROSALÍA #SEMENTADEPENSAMENTOS

Álbum: CURSO 2021-2022 -> Día de Rosalía 2022

Como ben sabedes, o 23 de febreiro (ollo, cambiou, agora non será o 24), celébrase do Día de Rosalía. Desde a Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG), este ano escolleuse o lema #SementadePensamentos cun manifesto da nosa compañeira Bea Maceda.

A canción de Rosalía pequeniña de Uxía

Decoración das fiestras na honra da nosa poetisa

Veredes un cartel nunha fiestra de cada clase coas seguintes mensaxes:     

  • As letras “Rosalía de Castro”.
  • As letras coa data do día.
  • Fragmentos de versos de Rosalía.
  • O hagstag: #SEMENTADEPENSAMENTOS.
  • Cara de Rosalía con pétalos de pensamento ao redor. Aquí tendes o pdf para descargalas.

Logo de elaborar o seu cartel, cada clase, colocará o cartel elaborado no cristal da ventá da aula máis preto da porta para decorar a fachada.

Photocall con versos de Rosalía

Iremos poñendo as imaxes na nosa páxina. Estade atentos e atentas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut