Skip to Content

Recursos EDLG

CANCIÓNS PARA O DÍA DE ROSALÍA

Rosalía pequeniña de Uxía

Adiós ríos, adiós fontes de Lucía Pérez

Negra sombra de Luz Casal e Carlos Nuñez

Sempre Rosalía de Kókiti Music

3 PANXOLIÑAS IMPRESCINDIBLES

Polo Nadal

Xa me tardan estes Magos

O Apalpador

ç

E, por se che parecen poucas tres, aí vai unha cuarta!

Con pictos e todo:

OS 3 SINXELOS EXPERIMENTOS QUE PODES FACER NA CLASE

...ou na casa, que tamén serven para a casa.

EXPERIMENTO 1

Flotará ou afundirase?

Algunha vez tentaches nadar no mar? Déchesche conta de que podes flotar con máis facilidade no mar que en auga doce ou mesmo nunha piscina? Este experimento axudarache a entender por que.

Imaxe: Mami Experimentos.

Que necesitas?

  • 6 culleradas de sal de mesa
  • 2 vasos
  • 1 culler sopeira
  • Auga da billa
  • 2 ovos crus

Que hai que facer?

  1. Enche os dous vasos con auga da billa.
  2. Engade ao redor de 6 culleradas de sal nun recipiente e mestura ben cunha culler ata que o sal se disolva completamente na auga.
  3. Coloca un ovo en cada recipiente e observa cal dos ovos flota e cal se afunde.

Por que pasa o que pasa?

Que fai que o ovo flote na auga salgada? A resposta a este fenómeno radica na densidade, a cal se refire á cantidade de materia contida nun espazo ou volume determinado. Como puideches observar, o ovo en auga salgada flotou e o que estaba en auga da billa non o fixo. Debido a que a auga salgada é máis densa que a auga da billa, pois ademais de hidróxeno e osíxeno tamén contén as moléculas do sal (sodio e cloro), o ovo non se afunde.

En poucas palabras, canto máis denso sexa o líquido, máis fácil será flotar nel.

EXPERIMENTO 2

Dous líquidos que xamais se mesturan!

Ten coidado e non te manches para poder descubrir o que ocorre neste experimento.

Imaxe: Mundo Primaria.

Que necesitas?

  • Auga
  • Aceite de xirasol (ou calquera outro aceite vexetal)
  • 1 vaso ou bote de cristal sen tapa
  • 1  cucharita

Que hai que facer?

  1. Bota auga no vaso ata pouco menos da metade.
  2. A continuación, engade outro tanto de aceite. 
  3. Non te quedes coas ganas de seguir probando: remexe con enerxía coa culler ou, se é un bote, axítao coma se estiveses a preparar un cóctel. Espera un intre e...

Por que pasa o que pasa?

Por incrible que pareza, a explicación é moi sinxela: o aceite é menos denso que a auga e por iso flota sobre ela. A molécula de auga é polar, é dicir, compórtase como un imán, mentres que a do aceite carece de polaridade. Como as moléculas non polares (aceite) non poden disolverse en disolventes polares (auga), é absolutamente imposible que ambas se unan. Por moito que o tentes, por moito que removas os líquidos, xamais o conseguirás.

EXPERIMENTO 3

Inflando globos sen soprar

Cansa ou canso de hinchar globos soprando? Aí che vai unha alternativa (un chisco máis careira, iso si) para que tomes un respiro.

Imaxe: Búho Co.

Que necesitas?

  • Globos.
  • Botella de auga baleira de 1 litro ou 1,5 litros.
  • Culleriña.
  • Embude ou funil.
  • Vinagre.
  • Bicarbonato de sodio

Que hai que facer?

  1. Verte o vinagre no envase baleiro ata encher aproximadamente 1/3 do mesmo.
  2. Auxiliándote do embude, engade 2 ou 3 culleradiñas de bicarbonato.
  3. Coloca un globo sobre o colo da botella.

Por que pasa o que pasa?

Como resultado da mestura do bicarbonato de sodio e o vinagre xérase dióxido de carbono. Desta maneira, o dióxido de carbono infla os globos sen necesidade de facer practicamente ningún esforzo. Iso si, os globos inflados usando esta estratexia non flotan no aire, en cambio, grazas á electricidade estática que desprenden, poden permanecer pegados no teito ao redor de 5 horas sen caerse. Próbao!

 

Fontes:

Distribuir contido


by Dr. Radut