Skip to Content

Recursos EDLG

CANCIÓN PARA O MAGOSTO

Iniciamos hai unhas semanas unha serie de entradas que nos levarán, a comezos de novembro, a celebrar o Magosto e o Samaín. Hoxe propoñémosvos unha canción, cremos, de Susa Herrera moi sinxela de cantar na aula: Castañas polo chan. Aquí a tendes en pictogramas.

TRABALLO PARA 1º SOBRE OS MAIOS

Imaxe: Diario de Arousa.

En épocas remotas, os galegos celebraban a chegada da Primavera e o remate do Inverno e propiciaban deste xeito a obtención de boas colleitas. Nos tempos actuais, as festas dos Maios son a última manifestación folclórica que festexa en Galicia o final do Inverno. Constrúense figuras con elementos naturais, como musgo, flores silvestres, ovos, paus e arredor delas cántanse, con acompañamento de paus, coplas e cancións.

 

A Festividade dos Maios, tamén coñecida como "Os Maios" simplemente ou como "Festa dos Maios" é unha festa popular de orixes ancestrais; moi, moi antigos. Esta celebración primaveral xeralmente  facíase coincidir co primeiro domingo de maio e se facía para á divinidade primaveral ou das árbores aínda que isto se foi perdendo co paso do tempo. Chámanse Maios tanto á celebración desta festa como ás cousas que se fan nelas. Nos Maios cántanse cancións adicadas á Primavera e ao que é para nós, aínda que en certos lugares tamén se compoñen coplas ou rimas criticando a certas persoas ou institucións do lugar. Segundo en que zona de Galicia se viva os maios celébranse de diferentes formas. Maios do Norte de Galicia: De Maio fai un neno ou una nena, que recibe o nome de Rei ou Raíña do Maio , desfilando coas roupas totalmente cubertas con flores, hedras, fiuncho, etc. Nos cantos fai de solista, mentres os seus acompañantes fan de coro, repetindo a estrofa que canta. Despois peden lambetadas e diñeiro. Maios do Sur de Galicia: Son os máis coñecidos. Son famosos os de Pontevedra e os de Ourense, pero tamén saen en Marín, Vilagarcía de Arousa, Redondela, Caldas de Reis, Allariz, Valdeorras e Verín.

 

 

TRABALLO PARA 4º, 5º E 6º DE E. INFANTIL (4): DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O Día das Letras Galegas 2020 está dedicado a Ricarco Carvalho Calero. Por iso, o equipo de Infantil adaptou o seu libro As pitas baixo a choiva no vídeo de enriba.

Imaxe: Edicións Embora.

ACTIVIDADE 1: RETO DAS PITAS

Ao final do vídeo das pitas contámosche en que consiste. Mádanos o teu vídeo cacarexando ao correo dos titores/as.

ACTIVIDADE 2: TAREFAS SOBRE CARVALHO CALERO E AS PITAS

Pódelas atopar nos imprimibles da sección Letras Galegas, pero tamén chos deixamos aquí.

LÓXICO-MATEMÁTICA

 

 ACHEGAMENTO Á LECTOESCRITURA/LINGUAXE PLÁSTICA

ACTIVIDADE 3: QUEBRACABEZAS

NIVEL SINXELO

NIVEL MEDIO

NIVEL AVANZADO

 ACTIVIDADE 4: AS PITAS BAIXO A CHOIVA, A CANCIÓN

GAÑADORES/AS DO CONCURSO DO "VIVEIRO EXPRESS"

 

Lembras que te dixemos que, se entregabas unha das actividades dos pasatempos do Viveiro Express do segundo trimestre, podías gañar un premio? Pois, como houbo unha gran participación, non había regalos para todo o mundo e tivemos que sortear 4 premios. Os gañadores e gañadoras dun premio son estes:

  • Daniel Entonado Senín (4º A EI).
  • Naia Cambeiro Molinos (4º B EI).
  • Leo Fernández López (1º B EP).
  • Sofía Gómez Pisfil (4º B EP).

Entregaremos os premios aos e ás afortunadas cando volvamos ás clases presenciais.

Distribuir contido


by Dr. Radut