Skip to Content

TRABALLO PARA 1º SOBRE OS MAIOS

Imaxe: Diario de Arousa.

En épocas remotas, os galegos celebraban a chegada da Primavera e o remate do Inverno e propiciaban deste xeito a obtención de boas colleitas. Nos tempos actuais, as festas dos Maios son a última manifestación folclórica que festexa en Galicia o final do Inverno. Constrúense figuras con elementos naturais, como musgo, flores silvestres, ovos, paus e arredor delas cántanse, con acompañamento de paus, coplas e cancións.

 

A Festividade dos Maios, tamén coñecida como "Os Maios" simplemente ou como "Festa dos Maios" é unha festa popular de orixes ancestrais; moi, moi antigos. Esta celebración primaveral xeralmente  facíase coincidir co primeiro domingo de maio e se facía para á divinidade primaveral ou das árbores aínda que isto se foi perdendo co paso do tempo. Chámanse Maios tanto á celebración desta festa como ás cousas que se fan nelas. Nos Maios cántanse cancións adicadas á Primavera e ao que é para nós, aínda que en certos lugares tamén se compoñen coplas ou rimas criticando a certas persoas ou institucións do lugar. Segundo en que zona de Galicia se viva os maios celébranse de diferentes formas. Maios do Norte de Galicia: De Maio fai un neno ou una nena, que recibe o nome de Rei ou Raíña do Maio , desfilando coas roupas totalmente cubertas con flores, hedras, fiuncho, etc. Nos cantos fai de solista, mentres os seus acompañantes fan de coro, repetindo a estrofa que canta. Despois peden lambetadas e diñeiro. Maios do Sur de Galicia: Son os máis coñecidos. Son famosos os de Pontevedra e os de Ourense, pero tamén saen en Marín, Vilagarcía de Arousa, Redondela, Caldas de Reis, Allariz, Valdeorras e Verín.

 

 

AdxuntoTamaño
Nenos e nenas dun cole de Sanxenxo en Pontevedra celebrando Os Maios.pdf435.13 KB


page | by Dr. Radut