Skip to Content

DÍA DE ROSALÍA #SEMENTADEPENSAMENTOS

Álbum: CURSO 2021-2022 -> Día de Rosalía 2022

Como ben sabedes, o 23 de febreiro (ollo, cambiou, agora non será o 24), celébrase do Día de Rosalía. Desde a Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG), este ano escolleuse o lema #SementadePensamentos cun manifesto da nosa compañeira Bea Maceda.

A canción de Rosalía pequeniña de Uxía

Decoración das fiestras na honra da nosa poetisa

Veredes un cartel nunha fiestra de cada clase coas seguintes mensaxes:     

  • As letras “Rosalía de Castro”.
  • As letras coa data do día.
  • Fragmentos de versos de Rosalía.
  • O hagstag: #SEMENTADEPENSAMENTOS.
  • Cara de Rosalía con pétalos de pensamento ao redor. Aquí tendes o pdf para descargalas.

Logo de elaborar o seu cartel, cada clase, colocará o cartel elaborado no cristal da ventá da aula máis preto da porta para decorar a fachada.

Photocall con versos de Rosalía

Iremos poñendo as imaxes na nosa páxina. Estade atentos e atentas.

 



album | by Dr. Radut