Skip to Content

RECURSOS PARA MAGOSTO 2022

 

Cancións

A canción que soa na megafonía: Tres castañas polo chan

Propoñémosvos unha canción, cremos, de Susa Herrera moi sinxela de cantar na aula: Castañas polo chan. Embaixo amosámosvos a letra. A bailar!

Aí vai unha, aí van dúas,

tres castañas polo chan!

Unha é miña,

outra é túa

e outra é daquel rapaz. 

E aquí vola deixamos en pictogramas:

Canción da castaña

Enriba amosamos como sería o ritmo e a melodía da canción para que a poidades cantar na casa e no colexio. Descoñecemos o seu autor ou autora, mais a súa letra di o seguinte. Se a queredes ver con pictogramas Arasaac en pdf, premede na imaxe de embaixo.

 

Non chas quero

 

Desta volta unha canción ben bonita e clásica. Enriba tendes o vídeo co karaoke incluído. A comer castañas!

Magosto

Estamos achegándonos á celebración da festa das castañas. Aquí vos deixamos un tema tradicional titulado Magosto. Inclúese nun libro disco chamado 13 Lúas. Esta é a súa letra no Rakonto.

Xogos para o Magosto

Achégase o Magosto e, con el, os tradicionais xogos coas castañas. Se premedes na imaxe, poderedes ver o borrador explicativo dos xogos que habitualmente organizabamos ese día.

Unidade didáctica

Se premedes na imaxe de enriba, poderedes descargar unha unidade didáctica (UD) sobre o Magosto elaborada polo noso compañeiro Alberto. Vai dirixida ao 2º nivel da Educación Primaria, pero seguro que algunha actividade se pode aproveitar para outras clases.



page | by Dr. Radut