Skip to Content

E. Infantil

SESIÓN DE MUS-E COAS FAMILIAS!

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> MUSE coas familias

Hoxe foi un día moi especial para nós. Como cada martes, tivemos unha sesión do proxecto MUS-E, pero hoxe tiñamos uns invitados moi especiais... as nosas familias. Ramiro explicoulles en que consistía este proxecto e xuntos, fixemos algunhas dinámicas!

Foi moi especial,  moitas grazas ás familias por participar!

EXPERIMENTO NO MES DA CIENCIA EN GALEGO!

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> Ciencia en 5 anos

Novembro é o mes da ciencia en galego. Na clase de 5 anos, quixemos facer un experimento: inflar un globo empregando vinagre e bicarbonato! 

Mesturamos todo nunha botella e...sabedes que pasou? Pois si, inflouse o globo!

Sabedes por que? Porque ao mesturar vinagre e bicarbonato, prodúcese un gas, o dióxido de carbono, que crea unhas burbullas que fan inflar o globo!

Cantas cousiñas descubrimos na clase!

COMPARTINDO O MAGOSTO COA EIM AGRA DEL ORZÁN!

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> Visitamos a EIM

Este curso retomamos novas saídas e celebracións! Hoxe, foi o magosto no noso cole, e quixemos compartir tamén a nosa festa cos nenos e nenas da EIM Agra del Orzán. 

Algún dos maiores de infantil, fomos ata a Escola Agra del Orzán, para levarlles unhas bolsiñas cunhas castañas asadas e cantamos unhas das cancións que aprendimos no cole do magosto!

Moitas grazas ás mestras e nenos/as da escola polo seu recibimento e acollida! 

AS MERENDAS EN INFANTIL

4 ideas que melloran a merenda na clase

Unha

Escolle MERENDAS SAÚDABLES. Xa sabes que temos un CALENDARIO DE MERENDAS. Este calendario é orientativo, porque o importante é que traian para merendar algo saudable e evitar alimentos non recomendados (dónuts, cruasáns, patacas fritas, galletas con exceso de azucre...).

Dúas

Deben traer POUCA CANTIDADE e algo que sexa SINXELO DE COMER para un neno/a de Infantil. Por exemplo, se traen un bocata, pode chegar con mandarlle medio sándwich e cortado a metade (dous trianguliños pequenos). Así, téñeno máis fácil para agarralo e comelo.

Tres

Hai semanas que temos FROITA NA CLASE grazas a ONG Ayuda en Acción (mazás, mandarinas, peras…) para quen queira tomar algo. Por iso, se algún día ves que non comeron toda a súa merenda, o máis probable é que probaran algo de froita. Mesmo aquel/a ao que non lle gusta moito, se ve outros cativos/as comela, ás veces tamén se anima.

E catro

Para beber, terán que traer unha BOTELLA DE AUGA (con pitorro é máis sinxela de tomar). Hai que LIMITAR O AZUCRE ENGADIDO de moitas bebidas que toma o alumnado. Revisa as etiquetas e EVITA ZUMES, gasosas e refrescos con azucre engadido. Ten en conta que un vaso de zume procesado pode conter 10 terróns de azucre!

Distribuir contido


by Dr. Radut