Skip to Content

E. Infantil

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO Á PRAIA

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> Saída á praia de San Amaro

Pois non, a chuvia non nos permitiu ir á praia de Sabón o luns pasado. Así que buscamos unha alternativa. Non iamos quedar sen a anual visita á praia. Escollemos unha urbana: a de San Amaro en Durmideiras.

Así que o martes embarcamos no bus rumbo a o areal coruñés. O primeiro que fixemos foi merendar para coller enerxías e despois fomos coma galo ao millo para a area. E que cres que fan os nenos e nenas na area? Si, acertaches: pasalo pipa!

Mira as fotos se non nos cres.

XOGOS TRADICIONAIS

Álbum: CURSO 2022-2023 -> Xogos tradicionais EI

Esta mañá tivemos a fortuna de poder gozar dos xogos de antes, os xogos cos que se divertían os nenos e nenas hai tempo. Eses xogos que nunca se deberon perder (e moito menos substituír pola tecnoloxía). 

Con estes xogos (o aro, o futbolín, a corda...) corremos, saltamos, pensamos, compartimos... competimos tamén. Pero son actividades que nos converten no que somos: nenos e nenas que necesitan movérense e manipularen (tocaren) aquilo co que xogamos.

Grazas á Asociación veciñal Agra do Orzán por brindarnos a oportunidade de divertirnos tanto!

Máis fotos do alumnado de EP aquí.

O COELLIÑO BRANCO NA NOSA BIBLIO

 

Os e as mestras de Infantil prepararon algo especial para o Día do Libro. Este luns vestiron os seus traxes de actrices e demostraron que están a un paso do Óscar. Representaron perante a asistencia masiva dun púbico entregado un clásico da literatura infantil galega: O coelliño branco.

Distribuir contido


by Dr. Radut