Skip to Content

E. Infantil

MUS-E EN INFANTIL

MUS-E é unha iniciativa da Fundación Yehudi Menuhin España na que o noso colexio está presente.

A partir do vindeiro martes, 8 de marzo, o alumnado de Infantil terá a ocasión de aprender neste programa impulsado pola fundación Yehudi Menuhin. Ata agora só se estaba ofrecendo para E. Primaria, mais a partir dese día as clases de 6º de E. Infantil poderán ter sesións de teatro con Ramiro Neira. Serán un total de 6 sesións.

RETO DOS PORCÓNS SUPERADO!

Aquí che amosamos o Libro da colaboración baseado na obra de Anthony Browne, O Libro dos Porcos.

E recorda:

O OUTONO SABE A FLOCOS DE MILLO!

Álbum: Educación Infantil 2021-2022 -> Flocos de millo!

Aproveitando que unha familia trouxo unha mazorca, quixemos saber para que servía; unha das cousas que máis nos gustou, foi que con elas fanse os flocos de millo!

Así que puxémonos mans á obra, debullamos a mazorca, averiguamos o que necesitabamos para facer os flocos e, ao día seguinte, puidemos facelos. Foi moi divertido ver e escoitar o ruído que facían ao formarse os flocos! 

Estaban tan bos, que seguramente, repetiremos outro día! Sorriso

XOGOS EN LIÑA PARA E. INFANTIL

XOGOS PARA APRENDER CO RATO

 

 

XOGOS DE LECTOESCRITURA

Letras

 

 

Sílabas

 

XOGOS DE MATES

 

 XOGOS NA AV DO COLE

OUTROS XOGOS

Distribuir contido


by Dr. Radut