Skip to Content

E. Infantil

AS IMAXES DO RETO SOBRE "A HORTA DE SIMÓN"

Lembras que no 3º trimestre do curso pasado propuxemos un reto á xentiña de Infantil? Pois pensabas que esqueceramos colgar as imaxes que nos mandastes, non si? Pois nada diso, aquí están.

Houbo algún que mandou o proceso de crecemento da semente

 

E outros e outras preferiron chupar máis cámara :)

 

Non perdas ollo á nosa web que aínda hai retos por vir!

FESTA DE FIN DE CURSO!

Álbum: Educación Infantil 2020-2021 -> Festa fin de curso

Hoxe non foi un día calquera, o curso chegaba ao seu fin, e tal ocasión, ben merecía unha festa.

Así que houbo tempo para bailar, para xogar e por suposto, para tomarnos unha gran merenda.

FELICES VACACIÓNS A TODOS E TODAS! Sorriso

AS IMAXES DO RETO SOBRE "COCORICO"

CANTOS BISCOITOS PARA O RETO!

Pois si que vai durmir tranquilo o noso amigo Cocorico. Unha chea de rapazas/es de Infantil do noso cole cociñaron un biscoito para el nas súas casas. A ver... para Cocorico, para Cocorico... non o cociñaron. Comérono eles/as enteiriño. Pero a intención é o que conta, lambóns/as!

Moitísimas grazas por participardes. Sodes xeniais!

A RECEITA

AS FOTOS DA XENTIÑA COCIÑEIRA

CHOCOLATADA DE ENTROIDO EN INFANTIL 2021

Álbum: Educación Infantil 2020-2021 -> Chocholatada de Entroido 2021

A media mañá neste  atípico Entroido, o corpo pide algo quentiño. En Infantil, somos moi de facerlle caso ao noso corpo e preparamos unha chocolatada (con e sen lactosa) con churros. A xulgar polo pouco que sobrou, podemos calificar a idea de éxito. Hinchamos a churros.

Distribuir contido


by Dr. Radut