Skip to Content

E. Infantil

VISITA DO APALPADOR 2019

Álbum: CURSO 2019-2020 -> Visita do Apalpador

Levabamos todos estes días preparando a súa visita:

E, finalmente, hoxe alguén chamou á porta dalgunhas aulas e, ao abrila, apareceu el: o Apalpador. Recén chegado do Courel, coa súa chaqueta de pana, a súa barba roxa...

Falounos de quen era, cantamos con el unha panxoliñas e, como xa se lle acabaran as castañas, agasallounos cuns caramelos. Ata o ano que vén, Apalpador!

EXCURSIÓN Á GRANXA O VENTOSO!

Álbum: Educación Infantil 2018-2019 -> Excursión de Educación Infantil á granxa O Ventoso

Esta semana, os/as nenos/as tivemos a saída á granxa O Ventoso, Para algúns e algunhas, foi a nosa primeira excursión de final de curso e para outros/as foi a última nesta etapa de Educación  Infantil. Pasamos un día incrible rodeados/as da natureza; fixemos pan, demos de comer aos animais, visitamos á horta, puidemos cepillar aos cabalos...pero sen dúbida, o que máis nos gustou foi poder montar nun poni! Ollade estas fotos para que vexades o ben que o pasamos e o moito que desfrutamos! Sorriso

CHOCOLATE CON CHURROS EN ENTROIDO

Álbum: Educación Infantil 2018-2019 -> Chocolate con churros no Entroido

SESIÓNS DE PSICOMOTRICIDADE EN INFANTIL

Álbum: Educación Infantil 2018-2019 -> Sesión de psicomotricidade

Todos os venres en Educación Infantil toca psicomotricidade ou, como lle chama o alumnado, o ximnasio. Podedes consultar as sesións no blog A Tropa de Paulo.

Distribuir contido


by Dr. Radut