Skip to Content

E. Infantil

CHEGOU O MAIO A 4ºB

Álbum: Educación Infantil 2017-2018 -> Maios

Benvido Maio!

Chegas cargado de cores e moita ledicia, e como non, todos quixemos participar na decoración da árbore do maio. Quedounos espectacular. Parabéns para todos.

EXPLORAMOS O PARQUE DE SANTA MARGARIDA

Álbum: Educación Infantil 2017-2018 -> Excursión Santa Margarita 4º A e B

Outra vez saímos de excursión os nenos de 3 anos, pero nesta ocasión tocounos explorar o parque se Santa Margarita. Dividímosnos en dous grupos e fixemos actividades para coñecer mellor o parque, como recoller o lixo e metelo no contedor correspondente, observar como medran as margaridas, ver actividades que podemos facer dependendo da estación do ano, recoller paus e follas, etc

 

DÚAS SEMANAS MOI FRUTÍFERAS

Álbum: Educación Infantil 2017-2018 -> Semana da froita

A valoración destas dúas semanas de froita na escola foi sen dúbida moi positiva!

Os nenos comeron moitísima. Xa pola mañán preguntaban que froita tocaba hoxe...Foi tal o interese que aproveitamos para facer un obradoiro de froitas e facer os nosos propios batidos.

Estes pequenos chefs prepararon:

Batido de plátano e amorodos como entrante, batido de mandarina e plátano como primeiro prato, e batido de amorodo para o segundo. E de sobremesa...anaquiños de pera.

É posible que durante estes días non chegaran con moita fame á casa Canso

 

O DÍA DO LIBRO EN 4ºB DE INFANTIL

Álbum: Educación Infantil 2017-2018 -> Día do libro 4ºB

O pasado 23 de abril conmemoramos o día do libro no cole de diferentes formas, entre elas este marabilloso pícnic con contos. Os nenos maiores de 5º e 6º de primaria estiveron léndonos contos. Foi unha xornada distinta, na que sen dúbida hai que felicitar aos nenos polo ben que o fixeron e se portaron.

Distribuir contido


by Dr. Radut