Skip to Content

E. Infantil

DÍA ESCOLAR DA PAZ EN 4º DE EI

O pasado 30 de xaneiro conmemoramos no cole o Día da Paz. Todos participamos en diferentes actividades como decorar unha pomba con bos desexos, facer unha medalla de ouro pola paz ou festexar co resto dos nenos do colexio este día tan especial.


Por suposto, cantamos a canción "Amiguiños todos" que levábamos días ensaiando e vimos as pombas que nos trouxeron para este día.


Foi moi emocionante.

TEMPO DE NADAL

É tempo de Nadal, e como tal, tempo de facer galletas, de facer adornos para a árbore, de recibir visitas importantes como a do Apalpador ou os Reis Magos... E o máis importante, tempo de pasalo ben cos amigos.

Boas festas.

O SAMAÍN PEQUENO

No Samaín máis pequeno do cole comemos arañas, facemos pantasmas, decoramos cabazas e nos vemos así de monstruosos!

 

TEMPO DE VENDIMA

Como xa sabedes, o outono é tempo de vendima e na clase 3 anos xa nos puxemos pés á obra!

Foi moi divertido, recollimos os acios da nosa "parra", sacámoslle as uvas, probámolas... e, sorpresa, estaban moi moi doces, semellaban lambetadas!

Despois chegou a parte máis pegañenta, lavar ben os pés e triturar as uvas, que pouco a pouco ían soltando o seu zume.

Un zume que tamén nos saiu boísimo! 

Que bos viticultores temos no cole.

Distribuir contido


by Dr. Radut