Skip to Content

E. Infantil

FESTA FIN DE CURSO

Álbum: Educación Infantil 2017-2018 -> Festa fin de curso

Chegou o momento da festa de fin de curso e o festexamos por todo o alto, cunha merendola na clase chea de cousas ricas, xogando moitísimo e por último co concerto de "Laranxa imaxinaria". Un grupo moi especial que nos permitiu experimentar con eles a súa música.

Agora si, 

BOAS VACACIÓNS A TODOS

Risa

EXCURSIÓN Á PRAIA DE BASTIAGUEIRO

Álbum: Educación Infantil 2017-2018 -> Excursión á praia de Bastiagueiro

Así foi a excursión de fin de curso na praia! Un día cheo de experiencias!

Neste verán seguro que iremos moitas veces á praia, pero ir cos compañeiros e compañeiras sempre é un momento moi especial.

A xornada comezou con diversos xogos populares organizados en pequenos grupos, seguido dunha rica e merecida merenda e, finalmente, xogamos un pouco coas cunchas, paus e a area.

Un día xenial Canso

FIXEMOS MACEDONIA NA CLASE!

Álbum: Educación Infantil 2017-2018 -> Macedonia de froitas de 5ºB

Aproveitando que fomos ao mercado de As Conchiñas, realizamos unha compra na froitería para facer unha macedonia na clase. Ao día seguinte, distribuímos, lavamos e cortamos as froitas entre todos. Despois mesturamos todo e... a comer! Estaba riquísima! Tanto que moitos repetimos!

PARABÉNS FAMILIAS

Álbum: Educación Infantil 2017-2018 -> Familia

Hoxe 15 de maio é o día da familia. Así que toca celebralo dende o corazón.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut