Skip to Content

E. Infantil

OS XOGOS DE "A TROPA DE PAULO"

A divertida quenlla que vive no Raquel Camacho chámase Paulo. Ela ten un blog no que ten colgados unha chea de xogos e recursos en liña que vos poden resultar útiles. Preme na imaxe de enriba para botar un bo anaco gozando e aprendendo.

Imaxe do noso amigo Paulo.

CHOCOLATADA DE ENTROIDO

Álbum: Educación Infantil 2019-2020 -> Chocolatada do Entroido

A media mañá neste marabilloso Entroido, o corpo pide algo quentiño. En Infantil, somos moi de facerlle caso ao noso corpo e preparamos unha chocolatada (con e sen lactosa) con churros. A xulgar polo pouco que sobrou, podemos calificar a idea de éxito. Hinchamos a churros.

CONCERTO "DE AQUÍ PARA ALÁ" DE LYDIA BOTANA

Álbum: Educación Infantil 2019-2020 -> Concerto Lydia Botana "De aquí para alá"

Visita obrigada para calquera amante da música. Gran concerto de Lydia Botana e o seu grupo. Un percorrido musical por diferentes partes do mundo que mantivo a atención e o entusiasmo do alumnado durante toda a actuación. Preme nas imaxes para saber máis.

E aquí están algunhas das cancións coas que nos deleitou:

 

PATIOS ACTIVOS

Álbum: CURSO 2019-2020 -> Patios activos

Desde o ano pasado, un grupo de alumnos e alumnas organizan voluntariamente xogos no patio e (tamén voluntariamente) os nenos e nenas súmanse a eles en masa. Hai bailes, dianas, aros, pelotas... De todo con tal de gozar do tempo de lecer. 

Distribuir contido


by Dr. Radut