Skip to Content

E. Infantil

ACELGAS, MANZANILLA E PIRIXEL

No cole cada día descubrimos un novo espazo, desta vez tocoulle a quenda ó pequeno horto que temos nos pallets. Vimos as partes dunha planta, botámoslle auga e en vez de maceta o puxemos nunha bolsiña con pequenos buratiños.

Traballamos moito, pero agardamos ver resultados moi cedo e probar o pirixel, a manzanilla e as acelgas.

 

PARABÉNS, ROSALÍA

O pasado 24 de febreiro Rosalía de Castro estivo de aniversario, e para festexalo, os nenos e nenas de 3 anos fixemos moitas actividades adicadas á figura de Rosalía: Pensamos nas nosas palabras favoritas en galego, pintamos caretas e ata posamos nun photocall que había na biblioteca do centro.

EXCURSIÓN AO MUNCYT

 A nosa primeira excursión deste ano foi ó Muncyt. Pasámolo xenial, estivemos dentro dun avión, fixemos un helicóptero de papel, falamos con robots, vimos pezas enormes e outras diminutas, etc.

Xa estamos pensando na próxima saída...

 

O NOSO PEQUENO ENTROIDO

Os nenos de 3 anos do cole pasárono xenial no entroido. Foi unha experiencia moi divertida chea de color, fantasía e moitos sorrisos. Aquí tendes unha pequena mostra.

Distribuir contido


by Dr. Radut