Skip to Content

DÚAS SEMANAS MOI FRUTÍFERAS

Álbum: Educación Infantil 2017-2018 -> Semana da froita

A valoración destas dúas semanas de froita na escola foi sen dúbida moi positiva!

Os nenos comeron moitísima. Xa pola mañán preguntaban que froita tocaba hoxe...Foi tal o interese que aproveitamos para facer un obradoiro de froitas e facer os nosos propios batidos.

Estes pequenos chefs prepararon:

Batido de plátano e amorodos como entrante, batido de mandarina e plátano como primeiro prato, e batido de amorodo para o segundo. E de sobremesa...anaquiños de pera.

É posible que durante estes días non chegaran con moita fame á casa Canso

 



album | by Dr. Radut