Skip to Content

AS MERENDAS EN INFANTIL

4 ideas que melloran a merenda na clase

Unha

Escolle MERENDAS SAÚDABLES. Xa sabes que temos un CALENDARIO DE MERENDAS. Este calendario é orientativo, porque o importante é que traian para merendar algo saudable e evitar alimentos non recomendados (dónuts, cruasáns, patacas fritas, galletas con exceso de azucre...).

Dúas

Deben traer POUCA CANTIDADE e algo que sexa SINXELO DE COMER para un neno/a de Infantil. Por exemplo, se traen un bocata, pode chegar con mandarlle medio sándwich e cortado a metade (dous trianguliños pequenos). Así, téñeno máis fácil para agarralo e comelo.

Tres

Hai semanas que temos FROITA NA CLASE grazas a ONG Ayuda en Acción (mazás, mandarinas, peras…) para quen queira tomar algo. Por iso, se algún día ves que non comeron toda a súa merenda, o máis probable é que probaran algo de froita. Mesmo aquel/a ao que non lle gusta moito, se ve outros cativos/as comela, ás veces tamén se anima.

E catro

Para beber, terán que traer unha BOTELLA DE AUGA (con pitorro é máis sinxela de tomar). Hai que LIMITAR O AZUCRE ENGADIDO de moitas bebidas que toma o alumnado. Revisa as etiquetas e EVITA ZUMES, gasosas e refrescos con azucre engadido. Ten en conta que un vaso de zume procesado pode conter 10 terróns de azucre!



page | by Dr. Radut