Presentación
HANSY E NACHO PRESENTAN A CARVALHO CALERO
Enviado por vrbasoa o Lun, 13/04/2020 - 13:04A FAMILIA DE HANSY E NACHO REINA BLANCO, ALUMNOS DO COLE, QUEREN COMPARTIR CON NÓS UN VÍDEO QUE FIXERON XUNTO CO SEU AVÓ ANTONIO, PARA COÑECER MÁIS DE CERCA AO SEU TÍO AVÓ RICARDO CARVALHO CALERO (LETRAS GALEGAS 2020).
https://www.youtube.com/watch?v=bf6HoqGGTCc&feature=youtu.be
MOITAS GRAZAS Á FAMILIA REINA BLANCO POR COMPARTIR ESTE DOCUMENTO CON TODAS E TODOS NÓS!!!
E ADEMAIS, POR SE QUEREDES MÁIS INFORMACIÓN SOBRE CARVALHO CALERO, PODEDES CONSULTAR DATOS MOI INTERESANTES...NESTA WEB:
https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas
VISITA DA ESCRITORA YOLANDA CASTAÑO
Enviado por carmenvazquez o Sáb, 29/02/2020 - 18:42O xoves día 20 de febreiro, en pleno Entroido, visitounos a xornalista e poeta Yolanda Castaño. Estivo cos nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria. Faloulles do libro Coller as Rendas, un poemario con 15 traballos dedicados a “animaliños e animaliñas” da fauna galega como o percebe, a centola, a rubia cachena, o can, o ourizo cacho, a carracha, a cascuda, o lumbrigante, o cachalote o sapo e a anguía entre outros.
ENTROIDO 2020
Enviado por carmenvazquez o Sáb, 29/02/2020 - 18:41Asemana do 17 ao 21 de febreiro celebramos o Entroido ao grande no CEIP Ponte de Xuvia.
POSTAIS NADAL
Enviado por carmenvazquez o Dom, 19/01/2020 - 19:04Como ven sendo tradición no CEIP Ponte de Xuvia, un ano máis déronse premios as mellores postais de nadal. Todos os nenos e nenas puxéronse mans á obra e os deseños foron moi orixinais. Infantil e 1ºEP recibiron un libro en galego para toda a clase e dende 2º EP ata 6º EP os premios foron individuais. Aquí podedes ver as postais gañadoras e os nenos e nenas recibindo os seus agasallos en galego.
FESTIVAL NADAL 2019
Enviado por carmenvazquez o Dom, 19/01/2020 - 18:50O venres 20 de decembro celebrouse no noso centro o festival de nadal e as titores e titoras xunto co mestre de música prepararon distintas actuacións que foron todo un éxito.
Os encargados de presentar o evento foron os alumnos de 6º Nadjara e Javi e non se lles notou nada nerviosos.
Imos facer un breve resumo das actucións.
25 DE NOVEMBRO DÍA DA NON VIOLENCIA
Enviado por carmenvazquez o Dom, 08/12/2019 - 19:05O luns día 25 de novembro quixemos conmemorar tan importante data no calendario programando diversas actividades durante toda a semana. Como sabedes o día 25 é o día da Igualdade de Xénero e en Contra da Violencia Machista. Na hora lectura estivemos a ler libros que tratan da Igualdade tanto en castelán como en galego. Os nenos de 5º e 6º foron os padriños e madriñas lectores dos nenos e nenas de Infantil.
MAGOSTO 2019
Enviado por carmenvazquez o Dom, 08/12/2019 - 19:00O pasado venres 22 de novembro celebramos no centro o magosto. As 9:30 da mañá fixemos 6 grupos mesturados de nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria. Fomos ao ximnasio onde Ana, a nosa mestra de Educación Física, preparara 6 xogos tradicionais galegos: a rá, os zancos, os bolos, as chapas, sogatira e petanca. As 10:30 tocoulles o turno aos nenos e nenas de 4º,5º e 6º de Educación Primaria que de novo mesturados baixaron ao ximnasio a desfrutar dos xogos tradicionais.
ESFOLLA
Enviado por carmenvazquez o Dom, 08/12/2019 - 18:49O día 7 de novembro dúas monitoras do Concello viñeron a facer un taller sobre a esfolla cos nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria.