VISITA DA ESCRITORA YOLANDA CASTAÑO

O xoves día 20 de febreiro, en pleno Entroido, visitounos a xornalista e poeta Yolanda Castaño. Estivo cos nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria. Faloulles do libro Coller as Rendas, un poemario con 15 traballos dedicados a “animaliños e animaliñas” da fauna galega como o percebe, a centola, a rubia cachena, o can, o ourizo cacho, a carracha, a cascuda, o lumbrigante, o cachalote o sapo e a anguía entre outros. Son poemas de 8 versos con rima consonante e algún verso solto que da liberdade para expoñer valores universais

Yolanda Castaño leulles algún dos poemas e faloulles de anécdotas sobre o seu traballo. Despois firmou os seus exemplares. Tamén firmou no libro de Nicoleo.Foi unha visita curta pero moi productiva.

Por certo, que a rapazada de segundo aproveitou a lectura deste libro para facer pequenos recitais polas clases. E levaron os poemas de Yolanda Castaño por Infantil e por primaria.

Aquí vos deixamos fotos dese día.Premede na foto para ver a presentación.