FESTIVAL NADAL 2019

 O venres 20 de decembro celebrouse no noso centro o festival de nadal e as titores e titoras xunto co mestre de música prepararon distintas actuacións que foron todo un éxito.

Os encargados de presentar o evento foron os alumnos de 6º Nadjara e Javi e non se lles notou nada nerviosos.

Imos facer un breve resumo das actucións. Comezaron os nenos de 3 e 4 anos coa canción Chegou o Nadal. Despois Pedro e Sonia diron os premios de Educación Vial por traer tuneados os patinetes e as bicis, houbo máis de 30 agasallos, estamos moi contentos coa participación no proxecto Erasmus “On Your Bike”.

Os nenos e nenas de 5 anos cantaron a canción Rudolph o Reno”.

O grupo de Primeiro prepararon unha obra chamada Xa chegou o Nadal no Fondo do Mar

Seguidamente recibimos ó rei Artabán que é o rei solidario que se perdeu no camiño a Belén e repartiu os regalos con xente necesitada. A Anpa chamouno para dar a cada clase un xoguete para compartir en cada aula.

A clase de 2º EP cantou a cnción Merry Christmas Peludos”.

3º EP cantou e bailou dúas cancións en inglés tituladas Rocking Around the Christmas Tree” e “Shake Up the Happiness”.

Seguidamente entregamos os premios polas postais de nadal. Todos os premios eran libros en galego.

4º Ep cantou a canción Hecho con tus sueños

4ºEP e 5ºEP cantaron e bailaron xuntos Cantamos aos reis

5º EP escenagrofiaron unha festa navideña na auga.

Finalmente 6ºEP representou unha obra orixinal denominada É Nadal en Xuvia.

Despois das actuacións a Anpa repartiu unha merenda saudable composta por pan, froita e auga xa que estamos no proxecto “Cardioescolas”.

Moitas grazas a todos os que fixeches posible un festival tan ameno e saudable.

Bo 2020 a toda a comunidade educativa do CEIP Ponte de Xuvia.Premendo na imaxe podedes ver a presentación.