POSTAIS NADAL
Enviado por carmenvazquez o Dom, 19/01/2020 - 19:04
Como ven sendo tradición no CEIP Ponte de Xuvia, un ano máis déronse premios as mellores postais de nadal. Todos os nenos e nenas puxéronse mans á obra e os deseños foron moi orixinais. Infantil e 1ºEP recibiron un libro en galego para toda a clase e dende 2º EP ata 6º EP os premios foron individuais. Aquí podedes ver as postais gañadoras e os nenos e nenas recibindo os seus agasallos en galego. A lista dos libros foi a seguinte:
3 anos – A clase recibiu de premio o libro “ O Pirata Valente”
4 anos – O premio para a clase foi “Paco”
5 anos- Recibiu o libro “Cando Martiño tivo gañas de mexar na noite de Reis”
1ºEP levou o libro “Distinta” para a biblioteca de clase.
2ºEP a premiada foi Valeria que recibiu de agasallo o libro “ O lapis de Rosalía”
3ºEP a premiada foi Ainhoa, levou de agasallo o libro “Vaia Tropa”
4ºEP a premiada foi Erea que recibiu o libro “Acuario 2”
5ºEP o premiado foi Xoel agasallado co libro “Charlie e a fábrica de chocolate”
6ºEP a premiada foi Natalia que recibiu o libro “Conta 9 Estrelas”
Este ano coas postais premiadas fixemos un calendario de peto. Cada clase aportou a postal gañadora no concurso e o día das notas,o día 20 de decembro, entregamos a rapazada un calendario co deseño premiado da súa clase.Premendo na imaxe tedes acceso a presentación.