Actividades
ABRIL CÓNTANOS O CONTO "AS PITAS BAIXO A CHOIVA DENDE A CASA DOS SEUS AVÓS"
Enviado por carmenvazquez o Mér, 24/06/2020 - 16:16A NOSA COMPI ABRIL QUIXO FACER UNHA HOMENAXE BASEADA NO CONTO"AS PITAS BAIXO A CHOIVA "DE RICARDO CARVALHO CALERO DENDE A CASA DOS SEUS AVÓS.MOITAS GRAZAS FAMILIA POLA VOSA APORTACIÓN BONITO VIDEO PARA FESTEXAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
MAIOS 2020
Enviado por carmenvazquez o Dom, 17/05/2020 - 20:55NA SEGUINTE PRESENTACIÓN TEDES OS VOSOS FERMOSOS MAIOS,SODES UNS VERDADEIROS ARTISTAS.MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN.
MAIOS 2020
Enviado por carmenvazquez o Mar, 28/04/2020 - 15:06O equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro e o equipo de biblioteca quere sumarse a iniciativa do Padroado do concello de Narón"EN NARÓN OS MAIOS AO BALCÓN".No seguinte vídeo e nota tedes toda a información necesaria para participar.Así que animádevos!!!.
Gustaríanos recibir unha foto do voso maio
HANSY E NACHO PRESENTAN A CARVALHO CALERO
Enviado por vrbasoa o Lun, 13/04/2020 - 13:04A FAMILIA DE HANSY E NACHO REINA BLANCO, ALUMNOS DO COLE, QUEREN COMPARTIR CON NÓS UN VÍDEO QUE FIXERON XUNTO CO SEU AVÓ ANTONIO, PARA COÑECER MÁIS DE CERCA AO SEU TÍO AVÓ RICARDO CARVALHO CALERO (LETRAS GALEGAS 2020).
https://www.youtube.com/watch?v=bf6HoqGGTCc&feature=youtu.be
MOITAS GRAZAS Á FAMILIA REINA BLANCO POR COMPARTIR ESTE DOCUMENTO CON TODAS E TODOS NÓS!!!
E ADEMAIS, POR SE QUEREDES MÁIS INFORMACIÓN SOBRE CARVALHO CALERO, PODEDES CONSULTAR DATOS MOI INTERESANTES...NESTA WEB:
https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas
VISITA DA ESCRITORA YOLANDA CASTAÑO
Enviado por carmenvazquez o Sáb, 29/02/2020 - 18:42O xoves día 20 de febreiro, en pleno Entroido, visitounos a xornalista e poeta Yolanda Castaño. Estivo cos nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria. Faloulles do libro Coller as Rendas, un poemario con 15 traballos dedicados a “animaliños e animaliñas” da fauna galega como o percebe, a centola, a rubia cachena, o can, o ourizo cacho, a carracha, a cascuda, o lumbrigante, o cachalote o sapo e a anguía entre outros.
ENTROIDO 2020
Enviado por carmenvazquez o Sáb, 29/02/2020 - 18:41Asemana do 17 ao 21 de febreiro celebramos o Entroido ao grande no CEIP Ponte de Xuvia.
POSTAIS NADAL
Enviado por carmenvazquez o Dom, 19/01/2020 - 19:04Como ven sendo tradición no CEIP Ponte de Xuvia, un ano máis déronse premios as mellores postais de nadal. Todos os nenos e nenas puxéronse mans á obra e os deseños foron moi orixinais. Infantil e 1ºEP recibiron un libro en galego para toda a clase e dende 2º EP ata 6º EP os premios foron individuais. Aquí podedes ver as postais gañadoras e os nenos e nenas recibindo os seus agasallos en galego.
FESTIVAL NADAL 2019
Enviado por carmenvazquez o Dom, 19/01/2020 - 18:50O venres 20 de decembro celebrouse no noso centro o festival de nadal e as titores e titoras xunto co mestre de música prepararon distintas actuacións que foron todo un éxito.
Os encargados de presentar o evento foron os alumnos de 6º Nadjara e Javi e non se lles notou nada nerviosos.
Imos facer un breve resumo das actucións.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »