Novas do Colexio

Novas de interese do Colexio

PROXECTO PITIÑOS E ROBÓTICA NA III SEMANA DAS CIENCIAS DE PONTEAREAS

Os pasados días 13 e 14 de abril alumnado de 2º de E Primaria e varias mestras do colexio participaron na III Semana das Ciencias de Ponteareas co proxecto Pitiños: Un proxecto do ovo á galiña, premiado no IV Concurso de traballo por proxectos da Consellería de Cultura, Educación e O.U. Tamén se participou co proxecto de iniciación á robótica que estamos a aplicar no colexio.

A experiencia foi moi positiva e houbo moita expectación por parte do público asistente a esta Semana das Ciencias.

CHARLAS DA GARDA CIVIL SOBRE OS PERIGOS DE INTERNET E ACOSO ESCOLAR PARA O ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA

Neste mes de abril de 2018 tivemos no colexio dúas charlas importantes para o noso alumnado de 5º e 6º de E. Primaria, impartidas pola Garda Civil.

O 12 de abril tratouse o tema dos perigos de Internet para o alumnado asistente ás charlas e o 18 de abril tratouse o tema do acoso escolar e ciberacoso. Os asistentes mostraron moito interese pola exposición realizada pola Garda Civil e confiamos en que lles sirva de moita axuda.

Agradecémoslle á Garda Civil a colaboración inestimable nesta actividade.

PREMIO A PITIÑOS: UN PROXECTO DO OVO Á GALIÑA, REALIZADO NO CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria concedeulle un premio ao CEIP Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas, por Pitiños: un proxecto do ovo á galiña.

 

Este proxecto foi premiado na categoría de ciencias no IV CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS, convocado ao abeiro do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, información e aprendizaxe).

 

O concurso fomenta os traballos de aula que empregan a biblioteca do Centro como un espazo non só de búsqueda de información senón tamén, de realización de diversas actividades, como a de seguir pistas con robótica, empregando unha metodoloxía de aprendizaxe baseada en proxectos (ABP).

 

Distribuir contido