Novas do Colexio
ENTROIDO 2020
O pasado venres 21 de febreiro celebramos o Entroido no cole, logo de estar toda a semana ás ordes do Meco. Culminando cun gran desfile e chocolatada posterior para recuperar forzas. Aquí tedes mostra delo!
DÍA DA PAZ
O pasado día 30 de xaneiro foi o Día da Paz. No cole celebramos durante toda a semana xogos cooperativos cos diferentes cursos dende o luns ata o xoves; e o venres, como acto final, celebramos o Día da Paz como se merece. Así foi como o festexamos!
FESTEXANDO O NADAL
O alumnado do noso cole deseñou postais de nadal coa temática dos PATIOS INCLUSIVOS, e como é habitual elaboramos unha exposición coas mesmas.
Tamén participaron activamente preparando adornos para as árbores de nadal das portas de entrada.
Aquí tedes o resultado:
O SAMAÍN NO COLE
Así foi como celebramos o Samaín no cole.
Recollida solidaria de roupa
Dende o colexio queremos agradecer o éxito que tivo a recollida de roupa solidaria.
Aquí vos deixamos un agradecemento e a mostra da cantidade de roupa e calzado recollidos. GRAZAS!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »