PREMIO A PITIÑOS: UN PROXECTO DO OVO Á GALIÑA, REALIZADO NO CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS

19/02/2018 18:01
Atlantic/Bermuda

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria concedeulle un premio ao CEIP Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas, por Pitiños: un proxecto do ovo á galiña.

 

Este proxecto foi premiado na categoría de ciencias no IV CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS, convocado ao abeiro do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, información e aprendizaxe).

 

O concurso fomenta os traballos de aula que empregan a biblioteca do Centro como un espazo non só de búsqueda de información senón tamén, de realización de diversas actividades, como a de seguir pistas con robótica, empregando unha metodoloxía de aprendizaxe baseada en proxectos (ABP).

 

As titoras Maite Domínguez e Susana Lamela motivaron a toda a comunicade educativa cunha incubadora que puxeron entre as dúas aulas. O coidado dos ovos, o nacemento e a adopción dos pitiños, o traballo cooperativo, o uso de dispositivos móbiles, a robótica, os experimentos, a colaboración coas familias, a elaboración de receitas co ovo como ingrediente... son palabras clave que nos achegan un pouco máis á definición deste proxecto.

 

Co proceso de pescuda dimos respostas a preguntas como:

 

  • Como sabemos se un ovo foi fertilizado?

  • Podemos comer os ovos de todos os animais?

  • Como sabe unha galiña cales son os seus ovos?

  • Que comen as galiñas?

  • Como saen os pitiños do ovo?

  • Que hai dentro dun ovo

  • En que se parece e se diferenza unha galiña dun galo?

  • A que temperatura ten que estar a incubadora para que nazan os pitiños? É sempre a

  • mesma temperatura durante os 21 días?

  • As galiñas son felices no galiñeiro?

  • Que outros animais nacen do ovo?

  • Que produtos se elaboran con ovos?

  • Os ovos caducan? Cando?

 

Se o alumnado se ilusiona aprende moito mellor.