NOVO APARTADO NO PROGRAMA DE TÉCNICAS DE ESTUDIO

Xa está nesta web o apartado dedicado no Programa de Técnicas de Estudio ás técnicas do subliñado e do resumo.

Fíxate ben nos consellos que aparecen. Pronto haberá actividades na Aula Virtual sobre este Programa de Técnicas de Estudio.

Pincha aquí para ir a este apartado.

PROGRAMA DE TÉCNICAS DE ESTUDIO

Xa está publicado no apartado de técnicas de estudio no Departamento de Orientación, no libro Programa de Técnicas de estudio, un novo folleto sobre a lectura.

Preme aqui para lelo.

ÉXITO DAS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

De grande éxito podemos calificar as Primeiras Xornadas de portas abertas celebradas os días 11, 12 e 13 de marzo no C.E.I.P. "Nosa Señora dos Remedios" para dar a coñecer o noso cole ás familias que teñen que solicitar a admisión nos colexios de Infantil e Primaria para os seus fillos/as para o curso 2008-09.

A asistencia de familias foi importante e houbo intercambios de opinións verdadeiramente interesantes. Para o vindeiro curso perfeccionaremos esta actividade para que resulte aínda mellor.

XA CHEGOU TINTÍN O NOSO COLEXIO

   Tódolos rapaces e rapazas do colexio preguntaban polas novidades da Biblioteca. Pedían as Bandas Deseñadas de Tintín..., e xa podemos dicir que forman parte da nosa Biblio.

   Ademáis Popi dá os parabéns aos premiados do sorteo de TINTÍN, que por certo non foron poucos.

O SAMAÍN

No ficheiro adxunto hai un traballo feito por alumnado de 6º C

ENTREGA DO 1º PREMIO DO CONCURSO "SOMOS DIFERENTES, SOMOS IGUAIS"

Este venres 29 de febreiro faise entrega no Salón de Plenos do Concello de Ponteareas dos premios do concurso "Somos diferentes, somos iguais" que organizou o Servizo de Información ao Inmigrante e ao Emigrante do Concello.

A clase de 1º A de E. Primaria acadou o primeiro premio neste concurso cun debuxo feito por todo o alumnado, baixo a coordinación da súa mestra titora.

 

Unha vez máis, ¡¡¡¡¡¡FELICITACIÓNS!!!!

NO COLEXIO CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Na semana do 30 de xaneiro de 2008 fixemos diversas actividades sobre a paz. Como remate, todo o alumnado do colexio formou un mosaico co anagrama da paz e as letras desta palabra debaixo do mesmo. Para iso, empregáronse os traxes que se elaboraron para o Entroido, con moito colorido.

O ALUMNADO FORMANDO O ANAGRAMA DA PAZ

ENGLISH REMEDIOS: BLOG DE INGLÉS DO COLEXIO

Acabamos de estrear un novo Blog en Internet do C.E.I.P. "Nosa Señora dos Remedios": http://englishremedios.blogia.com

Este blog foi creado polas mestras de Inglés do Colexio e nel irán aparecendo diversas actividades e traballos feitos polo alumnado do Colexio.

O ENTROIDO NO COLEXIO

Durante esta semana do 28 de xaneiro ao 1 de febreiro de 2008 celebramos o Entroido no noso Colexio. Todos os días o Meco vai dando unhas ordes para que cumpran alumnos/as e mestres/as. No mércores 30 de Xaneiro faise un ano máis a Degustación de sobremesas de Entroido, xa tradicional no noso Colexio. Estas sobremesas son elaboradas polo alumnado e familias nas casas. No caso do alumnado pertencente a familias inmigrantes, as sobremesas son propias dos seus países de orixe. Con todas as sobremesas faise unha exposición para que sexan vistas por todos/as e logo procédese a súa degustación. O venres 1 de febreiro faremos o Desfile de Entroido, logo do enorme traballo feito polo profesorado e alumnado. Este desfile comezará ás 10.45 aproximadamente e será dende o Colexio ata a Praza Maior de Ponteareas, pasando por varias rúas do casco urbano. Neste desfile tamén participan outros colexios do Concello. Por outra banda, neste ano por vez primeira en moitos anos, un grupo de nais e pais e alumnos/as forman unha Comparsa que vai levar o nome do Colexio e que participará no Concurso de Comparsas do Concello de Ponteareas, desfilando o domingo 3 de febreiro e o martes. 

Esperamos pasalo moi ben.

Distribuir contido