PUBLICADAS AS LISTAS DEFINITIVAS DO COMEDOR ESCOLAR 2009-10

Están publicadas no taboleiro de anuncios do colexio as listas definitivas de admitidos/as para o comedor escolar no curso 2009-10.

 

CALENDARIO ESCOLAR 2009-10

No ficheiro adxunto está o calendario escolar para o curso 2009-10 aprobado pola Consellería de Educación e O.U. e publicado recentemente no DOG.

1ºC STARRING ... GOLDILOCKS

Click here and you can see the students in 1st grade C singing their class songs from the story of Goldilocks. Have fun!

Preme aquí e poderá ollar ós alumnos e alumnas de 1º C cantando as súas cancións do conto de Riciños de Ouro. Desexamos que lles guste!

 

http://www.box.net/shared/v6hgt6pgbu

http://www.box.net/shared/reob29qmio

A PITA FALADORA

A PITA FALADORA

O derradeiro número do xornal escolar, A Pita Faladora, do curso 2008-2009, xa se pode ollar picando no seguinte enlace. Nel aparecen traballos e actividades, que os alumnos e alumnas de todos os niveis  levaron a cabo ao longo deste terceiro trimestre.

A semana que ven todos os membros da comunidade levarán o seu número do xornal impreso.

 

http://issuu.com/esther.prieto/docs/a_pita_faladora_29

SONG: "WHEN I WAS YOUNG"

Here is a new video of some students in Fifth Grade singing a classbook song. Enjoy it!

 

Aquí podedes atopar un novo vídeo de algúns alumnos e alumnas de 5º cantando unha canción do seu libro de texto. Desexamos que lles guste.

 

http://www.box.net/shared/lnty0zjbox

 

RADIO FALADORA 28

Se pinchas no seguinte enlace poderás escoitar o programa número 28 de Radio Faladora a nosa Radio Escolar:

http://www.box.net/shared/1rc9c4dlth

RADIO FALADORA 26

Se pinchas no seguinte enlace poderás escoitar o programa número 26 de Radio Faladora, a nosa Radio Escolar:

http://www.box.net/shared/b9t1gn95fa

ACTIVIDADE DO CONSERVATORIO DE PONTEAREAS NO COLEXIO

Este venres 5 de xuño de 2009 estiveron no noso colexio algúns mestres/as músicos do Conservatorio de Ponteareas, facendo unha presentación dos diversos instrumentos para o noso alumnado e aproveitando para interpretar algunhas pezas moi coñecidas polo alumnado.

A actividade resultou verdadeiramente interesante e amena para os alumnos e alumnas, que tamén cantaron a coro algunhas das cancións.

De sobras é coñecida a tradición musical de Ponteareas, terra de grandes músicos, polo que seguramente algúns dos asistentes a esta actividade se dedicará á música.

De seguido podedes ver algunhas imaxes desta actividade.

 

RADIO FALADORA

RADIO FALADORA

Hoxe, 5 de xuño, o noso colexio participaba na emisión do programa que  Pontenasondas organiza cada ano. Hoxe retransmitían en directo  dende a Universidade de Vigo e a través  da súa páxina web. Este ano o lema era "Tesouros Vivos", coa finalidade de recoller a nosa tradición oral.

O colexio participa cun programa de radio gravado, o que se correspondeu coa nosa emisión especial do día do acto das Letras Galegas.

No ficehiro adxunto detállase a nota enviada ao colexio dende a organización de pontenasondas, para seguir a mencionada emisión.

 

Distribuir contido