ACTIVIDADES DE AULA EN E. INFANTIL

ACTIVIDADES DE AULA

Na aula de Infantil de 4 anos A, neste trimestre, estiveron facendo traballos sobre a obra de teatro adaptada"Os tres porquiños" organizada por Caixanova, en Vigo.

Tamén plantaron sementes, e agasallaron as familias cada alumno e alumna coa súa planta.

MOI BEN POLOS SEUS TRABALLOS!!

CONVOCATORIA DE POPI

FESTA NA BIBLIOTECA

Hoxe, na hora do recreo, celebrouse a festa de remate de curso na nosa Biblioteca, previa convocatoria a semana pasada a través da súa mascota Popi.

O dinamizador da Biblioteca, xunto coa súa mascota e algunha axudante, organizou unha festa para todo o alumnado, con música e comilona. Pois a biblioteca pecha as súas portas até o vindeiro curso.

Primeiro tiveron  a festa de despedida de curso os rapaces e rapazas de E. Infantil, na hora do seu recreo. Estes rapaces e rapazas fixerono de xeito moi ordenado.

Logo chegoulle o turno aos rapaces e rapazas de Primaria no seu recreo, estaban moi inquedos e non lles daba chegado a hora de que os deixaran pasar.

A festa, como se pode ver na galería de imaxes, resultou todo un éxito. Agardamos que no vindeiro curso estes rapaces e rapazas sigan con tantas ganas de vires a visitar a Biblioteca e a súa mascota, Popi. E....LER MOOOOITO!

MOI BOAS VACACIÓNS!! E NON VOS ESQUEZADES DE LER!!

COS LIBROS PODEMOS VIVIR GRANDES AVENTURAS!!

 

 

 

="0" ismap="ismap" />

XORNADA DE ACOLLIDA AO ALUMNADO DAS ESCOLAS DE PIAS E RIBADETEA

Este martes 2 de xuño estiveron no noso colexio os alumnos e alumnas das escolas de Pías e Ribadetea para coñecernos. Estiveron compartindo algunhas actividades co noso alumnado de E. Infantil e mostrámoslle o colexio, rematando a festa co xantar no comedor.

Tentamos así que coñeza o que será o seu novo colexio e que cando veñan para el non o estranen moito.

MÚSICA

EXPOSICIÓN INSTRUMENTOS MÚSICA

Durante o terceiro trimestre levouse a cabo unha exposición de instrumentos musicais, realizados polos alumnos e alumnas coa axudas das familias e a dirección da mestra de música. Na exposición participaron todos os alumnos e alumnas dende E. Infantil ata o derradeiro nivel de E. Primaria. Esta fíxose nos corredores do edificio de E. Primaria.

A continuación aparece unha galería de imaxes onde se mostran estes traballos. MOITAS FELICITACIÓNS A TODOS E TODAS!!, pola colaboración e traballo. Por suposto tamén para a mestra pola organización e dirección desta actividade.

 

 

 

EQUIPOS DE TRABALLO

EQUIPOS 2º TRIMESTRE

Co gallo de dinamizar e fomentar o uso da nosa lingua, ao longo do curso veñen funcionando uns Equipos de traballos con alumnos e alumnas de 6º de E. Primaria, estes equipos encarganse de facer de locutores no programa de radio escolar semanal e a edición do noso  xornal de cada trimestre.

 

IV CONVIVENCIA DE E. INFANTIL

IV CONVIVENCIA DE E. INFANTIL

A festa xa rematou, hoxe no colexio celebrouse a convivencia de E. Infantil, na que participaron os alumnas e alumnas desta etapa do noso colexio xunto coas súas familias e os das unitarias de Ribadetea e Pías.

Este evento levouse a cabo grazas a colaboración das familias, moitas nais e pais estiveron durante todo o mes elaborando materiais para os distintos obradoiros, as mestras de E. Infantil, e a numerosas entidades colaboradoras: Caixanova, Editorial Everest, Frutas Santy, Cárnicas Fontefría, Cash Record Ponteareas, Augas de Mondariz, Clesa, Confitería Ancla, Librería Casa Pepe, Atmósfera Sport, Eroski, Cooperativa do pan. COPASAH, Polisport, Tien 21, Concello de Ponteareas, Corpo de bombeiros, Garda Civil e cociñeiro e cociñeiras do noso cole.  

Dende aquí moitas grazas a todos e todas.

Agora podemos ver o traballo antes da festa e logo xa o desenvolvemento da convivencia.

="0" ismap="ismap" />

="0" ismap="ismap" />

="0" ismap="ismap" />

CONTACONTOS

CONTACONTOS-KALANDRAKA

O pasado día 15 de maio a editorial Kalandraka agasallou ao colexio cunha actividade de contacontos na Biblioteca para os alumnos e alumnas de 2º.

Dende aquí moitas GRAZAS a esta editorial polo seu gran traballo a prol da lectura e o idioma. Ademais a  actividade resultou moi positiva e gratificante tanto para os nosos alumnos e alumnas coma para os mestres e mestras acompañantes. Outra vez GRAZAS POLA COLABORACIÓN.

RADIO FALADORA

PROGRAMA ESPECIAL RADIO FALADORA

 

O pasado venres día 15 de maio levouse a cabo a gravación dun programa especial de Radio Faladora, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas. A súa emisión cerrou o acto do día o pasado 18 de maio.

Este programa tivo un invitado especial que foi Xoán Xosé Pérez Labaca, falounos dalgunhas das tradicións  da vila, como son a Feira das Cabazas, a Romaría da Picaraña  e como non a Festa do Corpus.

 

 

http://issuu.com/esther.prieto/docs/programa_especial_radio_faladora

 

LEMAS A PROL DO GALEGO

LEMAS POLO GALEGO

Os alumnos e alumnas de 3º de E. Primaria, co gallo da celebración do Día das Nosas Letras e en homenaxe a Ramón Piñeiro López, un gran traballador e defensor pola difusión e uso do galego; elaboraron uns carteis con diferentes lemas en prol do uso do Galego.

Dende aquí agardamos pensedes coma estes alumnos e alumnas e xuntos todos e todas os levemos a práctica diaria. Agora disfrutate destes carteis.


CONCURSO DA BIBLIOTECA

CONCURSO: "SOÑOS DE ANDEL"

Despois  dos actos da semana do Día do Libro, contacontos, charlas e talleres literarios coa autora do libro "Soños de andel", Susana Lamela; propuxose dende a Biblioteca un concurso con preguntas sobre o libro que os alumnos e alumnas foron respondendo e deixando nunha caixa.

A semana pasada abriuse a caixa e agasallouse aos acertantes cun libro asinado pola autora.

Distribuir contido