CONCURSO DE RELATOS DE MEDO

Este venres 11 de decembro entregáronse os agasallos do Concurso de Relatos de Medo, organizado polo Equipo de Biblioteca do Colexio. Nel participaron alumnos/as do noso Centro.

Os gañadores foron:

SARA 3ºA
NURIA 4ºB
LUANA 4ºC
IVAN 5ºA
GABRIEL 5ºB
DIEGO 6ºA
NOELIA 6ºC
Tamén se entregaron agasallos a todos os participantes.

NOVOS ARTIGOS EN ORIENTAREMEDIOS

Visitade o blog orientaremedios e alí podedes ver novos artigos dentro da nosa Escola de Familia Virtual, sobre temas de moita actualidade.

EXTRAORDINARIA ACTUACIÓN DE MIGALLAS TEATRO NO COLEXIO

Como acto central da celebración do 40º aniversario do noso Colexio para o alumnado, este 10 de decembro de 2009 Migallas teatro representou o seu espectáculo pedagóxico musical Canta connosco, tendo un importantísimo éxito entre o alumnado asistente.

Asistiu todo o alumnado do colexio, distribuído en dous pases. De seguido podedes ver algunhas imaxes do acto.

 


 

O CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS NOS III ENCONTROS DE CENTROS CON PLANS DE AUTOAVALIACIÓN E MELLORA DA CALIDADE

O C.E.I.P. Nosa señora dos Remedios participou activamente nos III Encontros de Centros con Plans de Autoavaliación e Mellora da Calidade, celebrados en Sanxenxo o 3 e 4 de decembro de 2009, organizados polos Servizos Centrais da Consellería de Educación e O.U.

Alí presentamos a nosa experiencia do curso 2008-09, que tivo unha moi boa acollida entre os asistentes.

De seguido podedes observar fotos destes encontros.

 


10 DE DECEMBRO: ACTO DO 40º ANIVERSARIO DO COLEXIO PARA O ALUMNADO DO MESMO

O xoves 10 de decembro, para conmemorar o 40º aniversario do noso colexio, o grupo MIgallas actuará no colexio para o alumnado actual do mesmo, cun espectáculo didáctico musical.

Esperamos que o alumnado disfrute desta actuación.

O OBRADOIRO VOCAL "A VILA" DE PONTEAREAS ACADA O 3º PREMIO NO XXVI CERTAMEN CORAL VILLA DE AVILÉS"

O Obradoiro Vocal "A Vila" de Ponteareas, que ensaia no noso colexio, vén de acadar o 3º premio no moi importante Certame Coral "Villa de Avilés", no que participaron grupos corais de gran calidade.

Dende esta web queremos felicitalos por deixar o nome de Ponteareas moi alto e polo traballo que están a facer pola música.

40remedios.blogia.com a Bitácora dos 40 anos do noso colexio

Acabamos de crear unha bitácora na que van aparecer diversas informacións e imaxes sobre os actos do 40º aniversario do noso Colexio.

Nela podes deixar o teu comentario sobre os 40 anos de historia do colexio.

Podes ir a el dende esta web ou entrando directamente na bitácora http://40remedios.blogia.com

SAMAÍN - HALLOWEEN

 

Meigas, cabazas, esqueletes, pantasmas, morcegos... o Samaín e o Halloween  fixeron  a  súa aparición un ano máis no noso colexio, facendo as delicias dos máis pequenos.

Durante toda a semana, realizamos actividades relacionadas con estas dúas festas que están íntimamente ligadas, posto que o Halloween, ten a súa orixe na festividade celta do Samaín. ( xogos, cancións, festas de disfraces...)

Os nen@s trouxeron as súas cabazas decoradas e invadiron o colexio, que se converteu nunha auténtica casa do terror. Os corredores, a biblioteca, as clases... tódolos recantos da nosa escola eran escalofriantes...

O último día da semana, houbo un minifestival na hora do recreo no que os rapaces e as rapazas do terceiro ciclo interpretaron a canción de "Thriller" de Michael Jackson e representaron unha pequena obra de teatro. Asimesmo, @s do primeiro ciclo cantaron una canción titulada " Knock, knock, trick or treat".

Por outra banda, os alumn@s do 2º ciclo, elaboraron unas cestas de Halloween nas horas de Plástica das Seccións bilingües.

Esperamos que disfrutedes tanto coma nós vendo as fotos desta terrorífica semana!!

 


ORIENTAREMEDIOS O BLOG DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CON NOVIDADES

Nestes días estamos anovando o Blog do Departamento de Orientación (Orientaremedios) ao que podes acceder dende esta web. Durante este mes temos como tema na Escola de Familia Virtual os límites ou normas a aplicar cos nenos e nenas. Xa hai artigos interesantes, que podedes comentar.

Distribuir contido