Skip to main content

Maio 2023

VISITA RAFAEL LÓPEZ LOUREIRO #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

O alumnado de 4º tivo a honra de entrevistarse de primeira man

co naturalista Rafael López Loureiro, máis coñecido como Calel.

Un naturalista que emana coidado, respecto e re/coñecemento

pola natureza. El é o autor das fotografías que leva o Álbum de Flora e

Fauna da nosa contorna. Esta rapazada tivo o pracer de saciar tódalas

curiosidades que tiñan de cada unha das fotografías, animais, plantas...

forma de traballo do naturalista...  Pero antes tiveron que pasar unha proba.

Estamos moi orgullosos da rapazada pois a superaron sen dificultade

e conseguiron saber todo o que era do seu interese.

Se queredes profundizar no estudo da natureza, Calel, ten un blog chamado

"Ao noroeste, do Noroeste", onde fai publicacións de gran interese naturalista.

Pequenas e pequenos naturalistas, vos tamén podedes ser como Rafael López Loureiro,

só hai que desexalo, esforzarse, estudar e seguir amando e coidando de tódolos seres vivos.

Este álbum é un enredo, para seguir aprendendo. Aquí temos as nenas e nenos de 1ºA.

 Agradecer a colaboración do Concello de Cedeira e das persoas que fixeron posible este soño!

 

 

 

 

 

 

 

CRÍTICA CONSTRUCTIVA DA NOSA VILA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #letrasgalegas2023 #franciscofernándezdelriego #Radionabiblio #AMI #aBEtenapalabra

O alumando de primeiro fixo unha tertulia na que expuxeron

varias cousas que lles disgustan e posibles solucións.

Posteriormente escribiron unhas cartas para entregarlles ás

persoas que nos representan e poden trasladar estas inquedanzas

a un pleno, un claustro... e ter en conta a súa opinión.

Fai uns días achegáronse a xunto o director do noso cole,

Alejandro Martínez. Hoxe tocou visita ao Concello de Cedeira,

para trasladar a súa petición a Pablo Moreda, o alcalde.

Para darlle difusión á tertulia, crearon un programa de radio

que participa no concurso de Radio na biblio.

 

 

 

 

 

 

OBRADOIRO DE RADIO - BIBLIOTECA HUMANA/POLOS CREATIVOS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal

Un grupo de alumnado do sexto de primaría realizará

un obradoiro de radio na Radio Escolar da Biblioteca do

Ies Punta Candieira, con Paulo Vicente, outro dos

voluntarios da nosa Biblioteca Humana e profesor do Ies.

 

 

 

 

 

 

PLANTAMOS NA HORTA CON CHEMA DO COUZADOIRO #FamiliasnaBE #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de 1º planta na horta acelgas, espinacas

e leitugas brancas e moradas. Teñen de axudante a un dos mellores,

Chema de Couzadoiro, que lles explica como manter sá a coilleita

e a eliminar os caracois da horta, sen matalos, por suposto.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MAIS NOVIDADES EN FONDOS! #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #voluntariadonaBE

 

 

 

 

 

ALICIA FREIRE VERA EN ACCIÓN! #voluntariadonaBE #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Coñecer a Alicia Freire Vera como a estamos coñecendo

é un auténtico privilexio. O alumnado voluntario da biblioteca

está gozando dunha experiencia que non esquecerá nas súas vidas.

Damos fe, que Alicia tampouco. Ela é unha muller dinámica,

non para, ten un nivel de traballo que chega á excelencia.

Na súa cabeza ten todo organizado, planos, montaxe... Fai que a

cativada se sinta plena, pois ten moi en conta o que din, os escoita,

agradece as súas aportacións, sabe guialos e eles e elas seguir

as súas instruccións. É directora, pero meténdose na pel do que ten diante,

sentido ledicias, medos, inseguridades... dándolles o impulso se o necesitan e

freando cando é necesario.

Ela ten un Quijote, o seu Sherpa, Juan Ares, o seu compañeiro e axudante,

unha peza fundamental.

Esta semana faranse as últimas tomas, Alicia, leva días e horas de gravacións,

pero tamén de montaxe. Ela, está a realizar un traballo espectacular,

o dunha profesional como o que é. Familias ide preparando panos!

 

 

 

 

PITIÑOS DE PASPALLÁS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

Pode parecer curioso vivindo nunha vila, pero moita desta

rapazada xamais tocou un pitiño e incluso algúns só os viron

en fotos e os ovos chegan ás súas casas xa envasados.

Por iso, a avoa de David, Pura, acompañada da súa neta Sheila

trouxo á biblioteca pitiños de paspallás e de pita. Para ofrecer a

oportunidade de tocar, escoitar, observar de pretiño estas aves.

Despois de saciar a primeira curiosidade veu unha fermosa rolda

de preguntas, das que a avoa Pura resolveu tódalas incognitas.

Gracias familias por vir e achegar á escola a vida!

 

 

 

 

CLUB LECTURAS CON ANTÓN CORTIZAS #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O 18 de Maio, pola mañá, o alumnado do Club de Lecturas recibirá

a visita de Antón Cortizas. Conversarán sobre os seus libros,

entre eles sobre "O merlo de ferro" e realizarán unha xornada de

obradoiros ao redor da lectura.

Recordade traer tapas de latas e bugallos de carballo.

Agradecer á Asociación Arce que nos puxese en contacto.

 

 

 

 

SAÍDA DO GREEN CLUB - PRAIA DA MAGDALENA #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

O Green Club (un club para a defensa e proteción da natureza)

sae buscar un novo fogar para os caracois. Gústalles moito a nosa horta,

pero alí comen todos os nosos cultivos. Nos tarais da praia teñen moitas

plantiñas que de seguro lles gustarán.

Aproveitan para observar cunchas e recoller lixo.