Skip to main content

Maio 2023

PREMIO PODCAST RADIO NA BIBLIO - CARTAS QUE VENCEN CANCELAS @RadioGalega #Radionabiblio #LetrasGalegas23 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Moitos parabéns á rapazada e a toda a comunidade educativa implicada!

Resultamos premiados no programa, Cartas que vencen cancelas,

presentado ao V Concurso de Podcast de Radio na bilblio,

da Asesoría de Bibliotecas Escolares en colaboración coa

CRTVG (Radio Galega).

Pero isto non foi só un programa, detrás das voces deste rapaciños

e rapaciñas, hai un proxecto. Comezaron documentándose na biblioteca,

convidaron ás familias a participar, descobreron que "A miña burriña" era

a canción preferida de Francisco Fernández del Riego (a aprenderon e a cantaron),

quixeron imitar o seu bo facer e fixeron unha crítica constructiva da vila,

buscando solucións e redactando epístolas aos diferentes organismos que podían axudalos.

Ilustraron a Del Riego e comezaron a labor escrita da escaleta para rematar coas gravacións.

Un proxecto, que continuou despois destas gravacións, mantendo entrevistas

con quen pode axudar a que as solucións da rapazada sexa unha realidade.

Canto nos da a radio! Parabéns rapazada!

Aquí o seu podcast, Cartas que vencen cancelas!

 

  Os podcasts seleccionados serán difundidos pola Radio Galega

a través da  páxina do Diario Cultural; así mesmo, serán difundidos

a través dos medios web da Consellería de Cultura, Educación,

Formación Profesional e Universidades. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

QUE É UNHA ONG? - CLAUDIA PÉREZ RODRÍGUEZ #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de sexto de primaria tivo a oportunidade de coñecer

de primeira man unha ONG, Plan Internacional.

Claudia Pérez Rodríguez, coa axuda dunhas fotografías

e vídeos foi comentando os diversos proxectos nos que están

inmersos, en Ucrania, Sudán... e a rapazada tivo a oportunidade

de resolver unha morea de curiosidades e dúbidas. 

Moitas gracias por participar!

 

Axenda 2030

 

 

 

 

 

CARTAS QUE VENCEN CANCELAS - PREMIO PODCAST LETRAS GALEGAS @RadioGalega #Radionabiblio #LetrasGalegas23 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A comunidade educativa do Nicolás estamos de parabéns!

O programa, Cartas que vencen cancelas, presentado ao

V Concurso de Podcast de Radio na bilblio, da Asesoría de

Bibliotecas Escolares en colaboración coa CRTVG (Radio Galega),

resultou gañador na convocatoria.

A proposta está vinculada á celebración do Día das Letras Galegas,

dedicado este ano  ao intelectual, escritor, activista político e cultural,

articulista, editor e ensaísta Francisco Fernández del Riego.

          

En breves poderemos escoitar o podcast na Radio Galega a través

da  páxina do Diario Cultural; así mesmo, serán difundidos a través

dos medios web da Consellería de Cultura, Educación, Formación

Profesional e Universidades; e por suposto,

no blog da biblioteca escolar e nas súas redes.

 

 

 

 

ESTREA NAVEGANTES - ALICIA FREIRE VERA #voluntariadonaBE #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Alicia Freire Vera e o alumnado voluntario da

Biblioteca Escolar "Carlos Labraña" teñen o pracer

de convidarvos á estrea de Navegantes.

 

 

 

 

 

 

LETRAS GALEGAS - EPISTOLARIO FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #letrasgalegas2023 #franciscofernándezdelriego #AMI #aBEtenapalabra

Francisco Fernández del Riego, homenaxeado das Letras Galegas,

tivo como rutina escribir epístolas aos seus amigos, compañeiras, familiares...

Foi unha constante na súa vida. Dende a biblioteca queremos convidarvos a

que esta vindeira semana enchades o buzón de Percebiño, o da familia, amigos...

e escribades cartas.

Xa sabemos que o facedes sempre que vos presta,

pero nesta ocasión será un obradoiro especial no recreo.

 

Clicando aquí poderedes acceder a moita documentación

sobre Francisco Fernández del Riego.

Engadimos un anexo de cartas por se queredes usalo na casa.

 

 

CICLO DAS LENTELLAS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

Amparados no proxecto "Naturalmente, aprendendo!",

o alumnado de sexto puxo a xerminar sementes de lentellas.

Xa están os suficientemente grandes e as pasaron á horta.

Agora engaden titores para guiar ás plantas no seu crecemento.

 

 

 

 

 

GRAVACIÓNS FILME ALICIA FREIRE #voluntariadonaBE #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A semana pasada remataron as gravacións do filme que

Alicia Freire está realizando co alumnado voluntario da

biblioteca escolar. A rapazada está moi ilusionada coa rodaxe

e con moitas ganas de ver o producto final. Un traballo árduo

que Alicia Freire afronta día a día. Horas de gravacións, dedicación,

repasando cada unha das tomas, escollendo cada segundo, estabilizando imaxes,

cores, sons... de 53 navegantes. Non serán eles sós os protagonistas

tamén veremos adultos. Xa queda menos para a estrea, estade moi

pendentes ás próximas publicacións.

A Alicia Freire e ao seu Sherpa, Ares, gracias por tanto!

 

 

 

 

CONTACONTOS CON KAREN #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal

Familias e alumnado comparten tempo de lectura de calidade.
Karen Limderfor, veu agasallar ao alumnado coa lectura 
 
 
 
 
Para viaxar só hai que asomarse a unha historia.
 
 
 
Ven á biblioteca escolar e poderás levar libros tan fermosos coma este.
 
 
 
Esta actividade enmárcase dentro da actividade da
Biblioteca Humana/Polos Creativos, dentro do programa "Lectura e familias.
 
 
 
 
 

VISITA MUSEO "MARES DE CEDEIRA" #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

O alumnado de 1º de Primaria realizou unha

visita ao museo para documentarse.

Encantoulles a exposición de Playmóbil, referidos aos

traballos do mar e diversas batallas, o ciclo das

bolboretas, coñecer que as hai diurnas e nocturnas

e remataron con cunchas,  mallas, anzós, o traballo

do carpinteiro de ribeira e a vistia a galerna

e pequenas embarcacións.

Agora toca amosar esa aprendizaxe nun pequeno

libriño naútico. Vento en popa a toda vela!

 Deixamos o libriño en pdf por se é do voso proveito.

Esta saída é unha actividade que complementa a

documentación para o proxecto "Aprendendo, naturalmente!!

 

 

 

 

 

CONTACONTOS - ROSANA, NAI DE CHLOE #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal

Nesta ocasión Rosana Quiza Casado foi a encargada de dramatizar a

historia de "Chloe un unicornio necesita tu ayuda".

Un conto personalizado que contou xunto á súa filla Chloe.

Moitas gracias por participar!