Vostede está aquíComedor escolar

Comedor escolar


Benvidos ao comedor sticky icon

  O obxectivo fundamental é que os nosos rapaces coman dun xeito san e equilibrado. Por iso haberá sempre unha gran variedade de alimentos, incluíndo verduras, peixe e froita. Pero ademais e, non menos importante, tamén pretendemos que os alumnos estean abertos a novos sabores e respecten a comida non desperdiciando alimentos.

Cómpre que o alumnado que teña alerxias, intolerancias ou outras condicións que incidan na súa dieta, informen ao centro das súas ausencias para non desperdiciar comida e ser o máis sostibles posible.

BO PROVEITO!

  Se queres saber cal é o menú deste mes sen necesidade de consultar o que reparten en papel no colexio, preme no seguinte enlace:

 

 

PAGAMENTO DO SERVIZO DO COMEDOR 

O pagamento da carta de pago recibida do centro educativo (en papel ou por Abalar),deberá ser aboada ata o día 20 do mes no que reciben a dita carta de pago, prazo establecido na normativa reguladora dos comedores escolares. Este pago, é requisito para continuar empregando o servizo de comedor escolar no vindeiro mes. Dito o anterior, os métodos para efectuar o pagamento son 3:

1- Pagamento a través da web ABALAR (moi recomendado), preme na icona para ver o titorial:

2- Pagamento a través da Oficina Virtual Tributaria da Consellería de Facenda: 

O acceso a esta modalidade de pago faise sen necesidade de certificado dixital nin DNI electrónico, de xeito telemático, copiando os datos que figuran na carta de pago que se lles envía cada mes. https://ovt.atriga.gal/

* Ruta:cidadáns-pago telemático de taxas e prezos- iniciar (acceso libre) á taxa- iniciar tramitación electrónica - introducir os datos da taxa (recollidos no papel de pago) - intro ducir os datos indentificativos do pagador - pago telemático - selección do método de pago.

3- Pagamento presencial nas entidades bancarias. 

Unha vez feito o pago na entidade bancaria,deberán presentar no centro educativo a folla etiquetada “copia para a Administración”, xa que non recibimos notificación da entidade bancaria.

 

A COCIÑA DE ARDEMIRO

Formación en primeiros auxilios do persoal do Comedor Escolar

O xoves 25 de abril, comezou no noso centro, a Escola de Nais e Pais (ENAPAS) proposta polo Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) para o persoal de Comedor Escolar.

Neste relatorio fíxose un resumo das intervencións de primeiros auxilios máis básicas a ter en conta nun Comedor Escolar. No futuro agardamos que a nosa comunidade educativa se poida formar noutras temáticas.

Deixámosvos con un par de imaxes da xornada:

 

 

Modificación menú 23/04

Bo día!

Hoxe de sobremesa servirase iogur de piña no lugar de natural.

Saúdos.

Modificación menú 17 de abril

Bo día!

O menú do mércores 17 sufrirá unha leve modificación e no lugar de salmón, servirase perca.

Saúdos.

Modificación menú 9 de abril

Bo dia!

Por cuestións de loxística, hoxe o raxo de polo servirase acompañado de arroz no lugar de cuscús.

 

Saúdos.

Modificación menú 20 de marzo

Bo día!

 

Por cuestións de organización, hoxe modificarase a sobremesa e servirase melón no lugar de plátano.

 

Saúdos.

Variación menú 15 de marzo

Bo día!

 

Por cuestións organizativas, hoxe de sobremesa servirase mazá e pera.

 

Saúdos.

Modificación menú 23 de febreiro

Bo día!

Hoxe celebraremos o Día de Rosalía para conmemorar o aniversario do seu nacemento. É por iso que modificaremos o menú de hoxe e de primeiro prato no lugar das fabas con verduriñas, serviremos a comida favorita de Rosalía: o caldo de gloria.

 

Saúdos.

Modificación menú 21 de febreiro

Bo día!

O menú previsto para hoxe sufrirá unha leve modificación. De sobremesa, no lugar de caqui, servirase melón.

Saúdos.

Variación menú día 16 e 19 de febreiro

Estimadas familias!

 

Por cuestións de loxística, haberá  unha leve modificación dos menús deste venres día 16 e do luns día 19. Os tortellini de pasta fresca de carne previstos para o venres, serviranse o luns e os espaguetes boloñesa previstos para o luns, serviranse este venres.

 

Saúdos!