Vostede está aquíEd. Infantil

Ed. Infantil


Agrupamento do Alumnado sticky icon

3 anos: 25 alumnos/as

4 anos: 16 alumnos/as

5 anos: 23 alumnos/as

FestiValga 2024

O alumnado de 5º de Educación Infantil participa, un ano máis no FestiValga, concurso musical organizado polo CRA de Valga, representando a Grecia coa canción “OPA”. 

Esperamos que vos guste!

Visita ao Ventoso

  O mércores 20 de marzo os alumnos de Educación Infantil, visitamos a Granxa escola "O Ventoso" no concello de Laracha. Non tivemos sorte co tempo, que foi bastante malo, pero aínda así pasámolo moi ben.

Día da non Violencia e da Paz

O alumando de Educación Infantil ilustra e pon voz ao conto "Un can e un gato" de OQO Editora para conmemorar o 30 de xaneiro de 2024, Día escolar da non violencia e da Paz. 

Reunión familias alumnado 3 anos

O vindeiro martes 11 de xullo de 2023 convocamos ás familias do alumnado de 4º de Educación Infantil ás 11.00h. no noso centro educativo para abordar cuestións relativas ao comezo do curso.

 

Superguateque en Educación Infantil

O 20 de xuño o alumnado de Educación Infantil desfrutou dun guateque cunha chea de obradoiros (maquillaxe, perruquería, karaoke e photocall). Premede na bola para ver as imaxes.

FestiValga Eurovisión 2023

Os nenos e as nenas de 4º de Educación Infantil presentan a súa candidatura ao concurso FestiValga Eurovisión 2023, organizado polo CRA de Valga, interpretando a canción "Terra" das Tanxugueiras. Esperamos que vos guste!

Clicade na imaxe para ver a nosa actuación.

Reunión Alumnado Infantil

Bo día familias!

Somos Alexia, Marta e Noelia, as mestras de 5, 4 e 3 anos respectivamente. Convocámosvos o mércores 7 de setembro ás 11.30h. no pavillón do noso cole, co fin de falar do desenvolvemento do curso e as rutinas básicas.

Aquí tendes a información básica entregada este día. Premede en Ardemiro.

    

INFANTIL

Ola a tod@s, aquí vos deixo algunha cousiña de música para que poidades ir facendo na casa.

- Podedes acompañar esta canción coas claves, tal como indica o vídeo: ( clicade directamente na ligazón para poder ver o vídeo)

Acompañar coas claves 

 

-Aquí tedes un baile para movernos un pouiño:

El baile del sapito

 

-Con esta canción podemos tanto bailar como poñernos a cantar un pouquiño!!=)

El gallo y la pata