Vostede está aquíSaídas

Saídas


Saída Fin de Curso 2019

  O venres 21 de xuño os alumnos de Ed. Primaria foron de excursión de fin de curso a FERVENZAVENTURA en Silleda. Tiveron un día excelente con bastante sol e calor e pasárono moi ben. Preme na imaxe para ver algunha foto.

Zoo Corax

  O mércores 5 de xuño os nosos alumnos de Ed. Infantil fixeron a súa saída de fin de curso viaxando ao Zoo Corax de Paderne. Alí pasárono moi ben vendo algúns dos moitos animais que teñen. Logo, aínda volveron a tempo para comer no cole. Premede aquí, se queredes ver algunha foto.

Visita ao MUNCYT

  O venres 26 de abril os nosos alumnos de 4º,5º e 6º curso de EP visitaron o Museo de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña (MUNCYT).

  A visita foi realmente interesante e todos o pasaron moi ben, aínda que a pega foi ter que comer máis tarde do habitual. Se queredes ver fotos, premede na imaxe.

As Cancelas

  O xoves 20 de decembro, un día de bastante mal tempo, todo o cole (Infantil e Primaria) viaxamos ao centro comercial As Cancelas en Santiago para que os nosos rapaces tivesen a experiencia de ver unha película, "El Grinch", nun cine de verdade. Logo. á volta, gozamos da rica comida de Nadal. Que gran día! 

Cerámica Verea

  Dentro do programa "EnTéllate" que teñen Cerámica Verea tejas y tejados e o Concello de Mesía, os nosos alumnos de 5º e 6º de E.P. visitaron o Centro de Interpretación da Arxila das Brañas da Valga, en Visantoña, e a fábrica da empresa, en Lanzá.

   A iniciativa, pola que irán pasando tamén escolares de Boimorto, Frades e Mesía, quere promover o valor da xestión sostible de recursos como a arxila e dar a coñecer a evolución e a relevancia da industria cerámica na zona.

  Se queredes ver a noticia que saiu en El Correo Gallego premede aquí.

Santiago 2018

  Unha vez máis seguimos aos nosos antergos e decidimos facer a nosa propia pelegrinaxe a Compostela.

  Os alumnos de Ed. Primaria desde 1º a 4º visitamos os museos da catedral e os seus espectaculares tellados. Logo fomos comer ao Parque da Granxa do Xesto. Rematada a comida comezaron os xogos e a diversión.

Premede na imaxe para ver as fotos.

A Casa dos Peixes

  O xoves 7 de xuño os alumnos de Ed. Infantil fixeron a súa excursión de fin de curso ao "Aquarium Finisterrae" da Coruña. O día, como ven sendo norma este ano, foi algo chuvioso pero iso non impediu que o pasaran moi ben e gozaran da visita.

  Premede na imaxe se queredes ver fotos, aínda que debido ás condicións de iluminación do lugar, non sexan moi claras.

Xanceda 2018

O mércores 18 de abril, os nosos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º fixeron unha interesante visita á CASA GRANDE de Xanceda. Alí pasearon polas instalacións que converteron a esta empresa nunha das punteiras de galicia, coa súa aposta polos produtos ecolóxicos. Como non, a parte máis divertida foi achegarse aos seus animais. Premede na imaxe para ver fotos.

Viaxe ao Grove 2017

  O mércores 27 de setembro fixemos a excursión de fin de curso que quedara anulada pola folga de transporte.

  Visitamos o Grove e pasámolo de medo viaxando no catamarán (vimos un par de arroaces!!!) no que tomamos uns mexillóns boísimos. Pola tarde visitamos o acuario. Premede na imaxe e poderedes ver algunhas fotos.

Excursión a Santiago 2017

  En xuño os alumnos de Educación Infantil efectuaron a súa excursión de fin de curso a Santiago de Compostela, ao Museo do Pobo Galego.

  Alí observaron con atención todas as cousas interesantes que ofrece o museo e quedaron admirados da escaleira de caracol. Preme nela se queres ver as fotos.