Vostede está aquíEducación Emocional

Educación Emocional


Benvidos ao recuncho de Educación Emocional sticky icon

Boas!

Son Álex, neste tempo de confinamento decidimos abrir un recuncho para a Educación Emocional tan requerida nestes días.

Para elo, presentaranse cada 15 días unha actividade que nos invite a pensar doutro xeito e potenciar valores coma a tolerancia, a empatía, solidariedade...

Unha vez vista a actividade, debedes escribir as respostas/reflexións no meu correo corporativo, para unificar o criterio de envío: alexvarela@edu.xunta.gal

 

DATA LÍMITE DE ENTREGA

Con respecto ás 3 tarefas anteriores, a data límite de entrega sería o venres 12 de xuño. Gustaríame animarvos a que continuarades con estas tarefas aos que xa fixeron algunha e aos que aínda non comezáchedes, dicirvos que tendes tempo suficiente para facer as 3 actividades.

Un saúdo e coidádevos moito!

3ª ACTIVIDADE: UN EQUIPO MOI PARTICULAR!

 

 

  • Que sentides ao ver o vídeo?
  • Gustaríavos estar nun equipo que sempre perde?
  • Mencionan algo negativo relacionado co árbitro ou co equipo contrario?
  • O feito de perder ou que non sexamos suficientemente bos en algo, é motivo para deixar esa actividade?
  • Cales considerades que son as motivacións destes rapaces para continuar xogando?
  • Cal é a actitude as familias?
  • Que conclusións sacades deste vídeo?

2ª ACTIVIDADE: A PEGADA DO SER HUMANO NO MUNDO

  • Que sentides ao ver o vídeo?
  • Cal é o significado do vídeo?
  • Isto sucede na vida real?
  • Como poderiades cambialo? Propón polo menos 3 medidas.

1ª ACTIVIDADE: O NOSO CAZO

Imos a observar este vídeo e posteriormente tomarnos un tempo para pensar nas seguintes preguntas:

  • Que sentides ao ver o vídeo?
  • Que opinades sobre Lorenzo?
  • Isto sucede na vida real?
  • Cal é o voso cazo particular?
  • Como poderiades cambialo?
  • Propoñemos que ao subir ao paddlet os vosos comentarios contestando a cada unha das preguntas, saquedes unha foto cun cazo e dentro escribides o que vos consideredes que é o voso cazo particular nun anaco de papel.