Vostede está aquíComplementarias

Complementarias


Hixiene dental

  Aproveitando que o día 7 de abril é o Día Mundial da Saúde, o xoves 5 viñeron ao noso cole tres membros da Clínica Dental Bucoexpert de Cerceda para dar unha charla aos alumnos de Ed. Infantil e Primaria sobre a importancia de ter unha correcta hixiene dental. Aprendemos moitísmo con eles e seguro que imos ser máis coidadosos co que comemos e imos lavarnos mellor os dentes! E de propina, déronnos un regalo moi chulo.

A Oca do Camiño

  O martes 2 de abril, viñeron ao cole tres membros da asociación de Concellos do Camiño Inglés a ensinarnos cousas do noso contorno: arquitectura, historia, lendas... todo de forma lúdica a través dun xogo enorme da oca que abranguía esa temática.

  Os afortunados foron os alumnos de 3º e 4º de EP que pasaron uns bos momentos no pavillón aprendendo este xogo.

 

Día da Árbore

  O día 21 de marzo (o 2º día da primavera este ano) achegouse ao noso colexio a concelleira Susana García para celebrar o Día da Árbore cos rapaces de 3º e 4º de Educación Primaria.

  Este ano plantaron un limoeiro e recitaron poemas ata con lingua de signos!

  Para ver fotos premede na imaxe.

Día Internacional da Muller

Para celebrar o Día da Muller, o venres 8 de marzo veu a dar unha charla a todos os nosos rapaces a antiga alumna do noso cole, excelente deportista e xornalista na tele e radio galegas, Rocío Candal. Contounos moitas cousas interesantes sobre a súa carreira e ata nos asinou autógrafos! Para ver fotos, premede na imaxe.

  E ademais preparamos un photocall de todos os nosos alumnos e persoal docente e non docente.

 Nota de prensa: A "revolta feminista" toma Santiago

 

Photocall 8M CEIP Mesón do Vento de Sergio Garcia Liñares

Entroido 2024

  Chegou por fin o venres de Entroido. Tristemente a meteoroloxía gastounos este ano unha mala pasada e non puidemos pasear os nosos disfraces pola vila do Mesón.

  Pero non hai mal que por ben non veña e a festa no noso pavillón foi das que fan época. Todo foi diversión e troula, sen esquecer aos nosos estómagos.

  Se premedes en Ardemiro podedes ver unhas cuantas fotos da nosa celebración.

Día da Discapacidade

  O día 3 de decembro celébrase o día das persoas con discapacidade. Como ese día é domingo, no noso cole aproveitamos o venres día 1 de decembro para invitar @s alumn@s da Aula de habilidades sociais do Mesón do Vento e facer con el@s unha morea de divertidas actividades. Premede na imaxe para ver as fotos.

Plan director - Charlas da Garda Civil

Por segundo ano, o centro foi admitido no Plan Director, onde partipan alumnado e familias de 5º e 6ºEP. Neste curso a temática foi a prevención da violencia de xénero e a prevención de delitos sexuais.

Deixamos imaxes ao respecto:

 

25 N Día Internacional contra a Violencia de Xénero

No CEIP Mesón do Vento conmemoramos o 25 N cunha canción en Lingua de Signos. Grazas a tod@s @s participantes.

Carreira solidaria 2023

  O venres 20 de outubro tivemos a nosa xa tradicional Carreira Solidaria. Nesta ocasión tivemos que celebrala no pavillón por mor do inestable tempo. Como sempre os nosos rapaces dérono todo e o nivel de decibelios e esforzo alcanzou cotas nunca vistas. Vede algunhas fotos premendo no cadro luminoso.

 

Recaudouse 825€.

 

Mil grazas por seren tan solidarios!!!

 

Próximamente achegaremos o diploma e o extracto do ingreso.

Acto de despedida de 6º

No último día do curso, dedicámoslle a tarde aos nosos alumn@s de Ed. Infantil que pasaban para 1º de Primaria e os de 6º que deixaban o cole e marchaban para 1º de ESO.

Foi un acto moi emotivo.