Vostede está aquíMúsica

Música


Benvid@s á MÚSICA sticky icon

  O meu nome é Magdalena, e como sabedes son a mestra de música do cole.

  Imos aproveitar este espazo para compartir as novidades da materia de música, o ben que sabemos cantar, tocar, bailar e moitas cousas máis.... así que estade atentos non as vaiades perder!!

 

 

 

Visitamos Ágora

  O mércores 15 de febreiro os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º visitamos a Coruña. Concretamente o Centro Sociocultural Ágora onde asistimos a un concerto didáctico titulado "Unha Banda de Entroido". Pasámolo xenial e estamos desexando volver de novo!!! Preme na imaxe para ver fotos.

Susa Herrera

  O luns 19 de decembro tivemos o placer de recibir no cole á cantante Susa Herrera que nos veu presentar cancións do seu último disco libro "En Cabárceno rugidos y canciones".

  Desde os máis pequeniños de 3 anos ata os maiores de 6º todos gozamos do ritmo e das divertidas letras e coreografías de Susa. Esperamos recibila máis veces!

  Para ver algunhas fotos do evento, premede na imaxe.

Rap Mesón

  Se queredes ver o noso fastuoso vídeo MESÓN RAP, facede clic na ligazón.

Primeiras notas de frauta co alumnado de 3º curso

O alumnado de 3º comezou a tocar coa frauta as notas SI, LA e SOL. Mirade a continuación que ben soaba o que tocaban.

Para velo fai clic AQUÍ.

 

Ditado á carreira do alumnado de 5º de Primaria

O alumnado de 5º de Educación Primaria estivo a practicar por equipos ditados á carreira. Ademais de música estivemos a practicar traballo en grupo, coordinación, memoria, capacidade de transmitir coñecementos, ser quen de empatizar e pórse no lugar dos demais, etc... En xeral fixeron un magnífico traballo á vez que disfrutaron coa música. Se queredes ver fotos, premede AQUÍ.

Notas da Paz

 

O alumnado celebrou o día da Paz a través das notas da Paz. O xogo consitía en xuntar nome da nota coa figura colocada no seu lugar correspondente no pentagrama. Unha vez se atoparon as parellas, debían de colocarse no seu lugar no pentagrama, para xuntos, saltar cando a súa nota soase no piano. 

Todas as clases desfrutaron moito grazas ao bo facer do seu traballo en equipo!!!!

 

Samaín 2021

Este é o traballo do alumnado do CEIP Plurilingüe do Mesón do Vento para celebrar o Samaín. Qué ben o fixeron!!!

Vídeos de Nadal

Velaquí as actuacións dos nosos nenos e nenas para Nadal.

VIDEO NADAL ALUMNOS DE 3 ANOS 

VIDEO NADAL ALUMNOS DE 4 ANOS

VIDEO NADAL ALUMNOS DE 5 ANOS

VIDEO DE NADAL 1º CURSO DE PRIMARIA 

VIDEO DE NADAL 2º CURSO DE PRIMARIA

VIDEO DE NADAL 3º CURSO

VIDEO DE NADAL 4º CURSO

VIDEO NADAL 5º 

VIDEO NADAL 6º 

Desexarvos a todos os nenos e nenas e ás súas familias que pasedes un bo nadal. descansedes, repasedes e vémonos no vindeiro ano 2021 con máis enerxía aínda!! Moitos biquiños!!=)

INFANTIL

Ola a tod@s, aquí vos deixo algunha cousiña de música para que poidades ir facendo na casa.

- Podedes acompañar esta canción coas claves, tal como indica o vídeo: ( clicade directamente na ligazón para poder ver o vídeo)

Acompañar coas claves 

 

-Aquí tedes un baile para movernos un pouiño:

El baile del sapito

 

-Con esta canción podemos tanto bailar como poñernos a cantar un pouquiño!!=)

El gallo y la pata