Benvida sticky icon

O profesorado do  CEIP  Mesón do Vento de Ordes dálle a benvida a todos os internautas que se achegan á nosa páxina web.

Esta páxina nace como consecuencia da aplicación das novas tecnoloxías (TIC) ao ensino, tendo como obxectivo primordial dar a coñecer o noso colexio. Nela atoparedes información sobre o centro, profesorado, alumnado, actividades, horario, textos, ANPA... Os contidos iranse actualizando periodicamente.

Para navegar pola páxina só tendes que premer co rato nos enlaces que aparecen á dereita.

Esperando que sexa do voso agrado e que vos resulte útil, despedímonos, e volvede porfa!

Grazas por visitarmos.

Curso de impresora 3D para o profesorado

O mércores 29 de novembro realizouse unha xornada de formación sobre a impresora 3D mercada polo centro educativo cos fondos de "Learning from the Extremes". Primeiramente introduciounos ao mundo das impresións 3D, logo amosounos a propia impresora e finalmente estivemos na plataforma online para realizar os deseños chamada Tinkercad.

 

 

Día da Discapacidade

  O día 3 de decembro celébrase o día das persoas con discapacidade. Como ese día é domingo, no noso cole aproveitamos o venres día 1 de decembro para invitar @s alumn@s da Aula de habilidades sociais do Mesón do Vento e facer con el@s unha morea de divertidas actividades. Premede na imaxe para ver as fotos.

Campo a Través

  Un ano máis o noso alumnado de 4º, 5º e 6º de E.P. foi o venres día 1 de decembro ao circuito da Madalena ás competicións de campo a Través.

  Un ano máis a nosa felicitación a tod@s pola súa entrega a pesar das duras circunstancias climáticas. Se queredes ver algunha foto do evento, premede na imaxe.

Plan director - Charlas da Garda Civil

Por segundo ano, o centro foi admitido no Plan Director, onde partipan alumnado e familias de 5º e 6ºEP. Neste curso a temática foi a prevención da violencia de xénero e a prevención de delitos sexuais.

Deixamos imaxes ao respecto:

 

25 N Día Internacional contra a Violencia de Xénero

No CEIP Mesón do Vento conmemoramos o 25 N cunha canción en Lingua de Signos. Grazas a tod@s @s participantes.

MAGOSTO 2023

 

O seguinte venres 10 de novembro imos celebrar o magosto.

Para levar a cabo esta festividade precisamos da vosa colaboración. Necesitamos que cada nena/o traia unha presa de castañas adentadas o día anterior ou o propio día do magosto; e un recipiente para gardas as castañas. Para elo, bastará coa metade dun tetrabrick e un cordón que o suxeite. Este será decorado na aula.

Ao longo do día imos levar a cabo diversas actividades. Pola mañá vamos a realizar un circuíto de actividades cuxa temática son as castañas.

Posteriormente á tarde, comeremos castañas asadas e faremos unha foliada de magosto onde desfrutaremos da música tradicional que tocará algunha familia. Por iso, querémosvos convidar a todas as familias e demais ex-alumn@s do cole a que veñades compartir connosco este día. Ademais, encantaríanos que calquera neno/a que toque algún instrumento se anime a traelo e a unirse a foliada!

Precisamos da vosa puntualidade e compromiso para unha mellor organización. Ás 15:55 tocará a sirena para que as familias abandonen o centro e ás 16:00, coma sempre, faremos a entrega do alumnado que vaia para casa sen transporte escolar. Cómpre que avisedes con antelación ás titorías para saber que alumnado non vai no transporte e o levades convosco na saída. Evitade facelo o mesmo día do festexo, xa que estaremos organizando toda a xornada.

Para ver fotos, premede na imaxe.

Comezo da actividade "Informática para familias"

Tal e como viñamos anunciando o ano pasado, neste curso escolar iniciaranse varios cursos para a mellora da competencia dixital de toda a comunidade educativa. Neste caso, 16 nais/pais levarán a cabo todos os martes de 16:15 a 18:15  dende o 17 de outubro ata o final do 1º trimestre accións formativas no manexo de internet e ofimática na nosa reformada aula de informática. Os fondos para subvencionar esta actividade veñen dunha das partidas de Learning From the Extremes que xa estaba destinada para tal fin.

Nos vindeiros días/semanas lanzaremos a seguinte proposta.

Deixámosvos cunha imaxe da presentación do primeiro día do curso.

 

Os pratos da cociña de Ardemiro

  Benqueridas familias, co gallo de achegar a cociña do noso Ardemiro a todas as casas, imos sacarlle fotos a algúns dos pratos que elaboramos. Aos poucos engadiremos máis. 

 Premede na imaxe para ver as deste curso. As do curso 18-19 aquí. Bo proveito!!!

Tamén podedes ver aquí algunhas das receitas:                     PALOMETA CON VERDURAS Á PRANCHA             ENSALADA CÉSAR    TALLARÍNS CON POLO E VERDURAS