Vostede está aquíCiencias

Ciencias


IMAXES de ORDES sticky icon

  Se queres coñecer un pouco máis o noso concello podes ver unha serie de imaxes agrupadas nunha presentación. Preme na imaxes para vela. Se queres descargala en formato powerpoint, preme aquí.

  Se queres ver fotos dos lugares que rodean o noso colexio e que poden serche máis coñecidos preme nos álbumes de fotos correspondentes.

Experimentos de ciencias

  Estivemos estas semanas facendo experimentos de ciencias co alumnado de 5º curso. Se premedes nas ligazóns podedes ver fotos do moito que traballamos na clase e o ben que o pasamos.

EXPERIMENTO CON ÓSOS

EXPERIMENTO CON OVOS

Actividades NATURAIS 5º (semana 25/05)

Ola a tod@s, esta semana en naturais imos a repasar cousas relacionadas co oído, imos a facer 2 cousas:

1. Experimento sobre o son: fai un teléfono con 2 vasos e un fío. ( se queredes podedes mandarme un foto ao correo de como vos quedou)

 

Cando falamos emítense ondas sonoras. Ó falar no vaso, estas ondas fan vibrar o fondo do mesmo e transmítense cara o outro vaso por medio da corda, así é que se pode escoitar o que dicimos.

As ondas sonoras da voz chocan contra o plástico do vaso facéndoo vibrar, estas vibracións continúan pola corda e desprázanse ata chegar ó outro vaso, facendo que tamén o fondo deste vibre e o oído humano capture estas e o decodifique como son.

 

 

Fai un burato no fondo de cada vaso, pasas o fío e faslle un nó.  Cando queiras falar coloca o vaso na túa boca e outra persoa para escoitar debe poñer o vaso no oído.

2. Le o seguinte texto: 12 interesantes curiosidades do oído:

Curiosidades sobre os oídos que descoñecías

 

1.   

O centro do equilibrio está no noso oído: o sistemavestibular situado no oído interno é o encargado de coordinar o equilibrio. Por ese motivo, a maioría dos vértigos teñen o seu orixe no sistema auditivo.

 

Credit photo: Innovando salud

2.   

O oso máis duro: o osotemporal, que protexe o oído interno, é o oso máis duro do corpo humano.

3.   

O oso máis pequeno tamén se atopa no oído. O estribo, situado no oído medio e que forma parte da cadea de osiños, é o oso máis pequeno do noso organismo. 

4.   

O oído está sempre en funcionamento: ¿sabías que o noso sistema auditivo nunca durme? Cando durmimos, o cerebro inhibe os sons que nos rodean e, so cando se produce un ruído diferente e máis intenso, é cando o oído reacciona como mecanismodedefensa para poder actuar rapidamente.

5.   

Os 10 sons que máis nos irritan ós humanos: segundo un estudio da Universidade de Newcastle, estes son ossonsquemáisnosmolestan: fricción de un coitelo contra un cristal, un garfo contra un prato de porcelana, o son do xiz nun encerado, unha regra contra unha botella de cristal, un arañazo no encerado, o choro dun bebé, un taladro eléctrico, as cadeas oxidadas dun columpio.

6.   

 A cera é un protector natural: cerume é un fluído que segrega o corpo de maneira automática e que ten como función principal protexer o oído medio de bacterias, po, fungos… Non obstante, se a súa segregación é abundante, pode provocar obstrución e, consecuentemente, producir tapóns nos oídos que afectan á nosa capacidade auditiva.

7.   

O oído interno xera impulsos eléctricos: as ondas sonoras, unha vez que atravesan todas as partes do oído, convírtense  en impulsos eléctricos gracias á cóclea e ó órganodeCorti.

 

 

8.   

Un tubo estreito destápanos os oídos: un tubo de 3,5 cm de longo conectado coa parte posterior da nariz, chamado TrompadeEustaquio, equilibra a presión do aire no oído medio e prodúcenos esa sensación de destaponamento.

9.   

Pódense previr problemas auditivos ca dieta?: os ácidos graxos Omega3 que se atopan en peixes coma o salmón ou o atún fortalecen os vasos sanguíneos do oído interno. Ademais, o ácido fólico e o consumo de vexetais de follas verdes como as espinacas e a leituga, son beneficiosos para previr problemas auditivos causados  polo ruído.

10.

A música escóitase mellor pola esquerda?: segundo un estudio das universidades de California e Arizona publicado en Science, dende o noso nacemento o oído dereito responde mellor ós sons da fala, mentres que o esquerdo percibe mellor os tons continuos ou sons musicais.

11.

Os bastonciños son bos para os oídos?: Aínda que existe o falso mito de que son o utensilio perfecto para a hixiene do oído, o certo é que o oído é o único órgano que se limpa so. Polo tanto os bastonciños son completamente inútiles para manter a hixiene nos nosos oídos, ademais de ser perxudiciais para eles, pois o que conseguen é levar a cera ata o fondo do conducto auditivo e provocar infeccións ou perda auditiva.

 

12.

A forma das orellas é casual?: a súa estrutura e forma actúan de tal maneira que o oído poida captar todos os sons do noso arredor con maior facilidade, ademais de conducir as ondas sonoras ata o tímpano.

 

Responde o seguinte formulario:

FORMULARIO NATURAIS 5º

 

 

Actividades SOCIAIS 5º (semana 25/05))

Ola a tod@s, continuamos unha semana máis en sociais, para esta semana toca repasar o tema 4, para iso vouvos a deixar os apuntes do tema 4 colgados nesta mesma publicación, ao final da mesma poderedes descargalo sen problema.

Que temos que facer? Observar o seguinte gráfico sobre a poboación e responder ao formulario:

GRÁFICO

 

Unha vez que o observastes e repasastes os apuntes do tema 4 onde explica como se analiza un gráfico, podedes cubrir o seguinte formulario:

FORMULARIO SOCIAIS 

 

Moitos biquiños e saúdos para tod@s!!=)

Actividades NATURAIS 5º (semana 18/05))

Continuamos unha semaniña máis con algunha cousa de repaso de naturais, desta vez que nos toca? En esta semana imos a:

Experimento sobre a refracción da luz.

Ler texto “Curiosidades dos ollos” e completar formulario

1. EXPERIMENTO sobre a refracción da luz

Se nun vaso con auga introduces unha culler ou un lapis, comprobarás que estes obxectos se quebran, este fenómeno chámase refracción da luz. Débese a que a imaxe que observamos atravesa diferentes medios: a auga, o cristal do vaso e o aire. Non é que a culler ou o lapis rompan, o que rompe en realidade é l luz das imaxes que vemos.

 

2. LE O SEGUINTE TEXTO: curiosidades dos ollos

 

16 curiosidades sobre os ollos que quizais non saibas

Son indispensables para a túa vida e para o día a día, pero os ollos son uns grandes descoñecidos. Contarémosche 16 curiosidades sobre os ollos e a visión que seguro te sorprenderán sobre este órgano tan vital e fascinante.

1- Os ollos son como una cámara fotográfica de 576 megapíxeles.

2- ¿Sabes cantas veces pode pestanexar unha persoa por minuto? ¡17 veces! En total son 14.000 pestanexos ó día e 5,2 millóns ó ano. Outro dato curioso é que se pestanexa máis ó falar con outras persoas e menos cando lemos.

3- Pestanexar todas estas veces é por un motivo; protexer os ollos, mantelos lubricados e eliminar calquera resto ou partícula que puidese entrar.

4- O ollo humano pode chegar a distinguir ata 10 millóns de cores, pero despois é o cerebro o que debe ter a capacidade de interpretalos.

5- Hai persoas, estímase que un 12% da poboación, que teñen a capacidade de ver máis cores que o resto e chámaselles tetracrómatras. 

 

6- En cambio, tamén hai xente que so ve en branco e negro debido a unha anomalía coñecida como acromatopsia, que se considera un caso extremo de daltonismo.

7- Dise que todas as persoas con ollos azuis descenden dun único ancestro que viviu entre 6.000 e 10.000 anos atrás.

8- Hai xente que nace cun ollo de cada cor, isto coñécese como heterocromía.

9- Aínda que hai persoas que parecen ter os ollos negros, en realidade non existe esa cor de iris como tal. Poden chegar a ser moi escuros, pero nunca totalmente negro. Ter os ollos máis claros ou escuros depende da cantidade de melanina acumulada.

10- Sen contar as horas que pasamos durmindo, ó final do día chegamos a ter os ollos cerrados un 10% del tempo.

11- Os bebés choran moito, pero non é ata que teñen máis ou menos un mes de vida, cando son capaces de producir lágrimas.

 

12- Outra curiosidade sobre os ollos dos bebés é que soen telos de cor clara ó nacer e despois vánselle escurecendo. Isto débese á inmadurez das células que protexen a melanina.

13- Nalgunhas ocasións pode darse que haxa persoas con diabetes de tipo 2 e que aínda non o saiban porque no teñen ningún síntoma, e é nun exame visual onde se pode descubrir a presencia desta enfermidade.

14- Os ollos, pálpebras e as cellas, no seu conxunto poden transmitir as emocións humanas, de feito, algunhas poden facer que a pupila chegue a dilatarse.

15- Xustamente a dilatación é tamén considerada un bo indicador da saúde e a actividade cerebral e obsérvase para determinar posibles danos cerebrais.

 

16- Aínda que poida parecer unha contradición, ás veces cando os ollos están moi secos, choran. É o mecanismo do organismo para contrarrestar esa sequedade ocular e recuperar a humidade que os ollos necesitan.

 

Unha vez visto ao anterior, podes responder o seguinte formulario:

 

FORMULARIO NATURAIS 5º

 

Coidádevos e saúdos e biquiños para tod@s!!=)

 

Actividades SOCIAIS 5º (semana 18/05)

Ola a tod@s, espero que sigades ben.

Esta semana en sociais imos a repasar  o tema 3 e 4.

 

A poboacion de España distribúese en comunidades autónomas.

Aquí podedes observar un mapa de España coas comunidades, pero faltan os nomes destas, fai un debuxo como este no teu cadreno ou nun folio e escribe o nome das comunidades autónomas.

Unha vez feito, fai unha foto e envíama ao meu correo.

 

Coidádevos e saúdos e biquiños para tod@s!!=)

Actividades SOCIAIS 5º (semana 11/05)

Ola a tod@s, esta semana imos a repasar un tema que xa sei que vos gusta moito, o tema 1, onde vimos o universo, para repasalo vouvos a deixar os apuntes do tema por se non os tedes na casa e un formulario.

Repasade un pouquiño os apuntes e unha vez repasados cubride o seguinte formulario:

 

FORMULARIO SOCIAIS 5º

 

Saúdos para tod@s, vémonos na videoconferencia!!=)

 

 

INSTRUCCIÓNS VIDEOCONFERENCIA

Boas tardes a tod@s, déixovos a continuación varios tutoriais de youtube para a realización da videoconferencia na aplicación  cisco webex, se de todas formas  tedes calquera problema non dubidedes en contactar conmigo mediante correo electrónico:

 

 

 

Actividades SOCIAIS 5º (semana 04/05))

Ola a tod@s, para esta semana de sociais imos a repasar o tema 2, o clima.

A continuación déixovos os apuntes por se algún non os tivera na casa. (podedes velo ao final desta publicación como documento adxunto, clicades en el e xa o descargades.

Que temos que facer? Analizar o seguinte climograma e logo responder ao formulario:

 

Unha vez analizado, cubride o seguinte formulario:

Para cubrilo tedes que clicar onde pon "formulario sociais 5º", escribir o correo gmail de un dos vosos pais, escribir o voso nome, enviar. As respostas chegaránme automáticamente ao igual que a vos as correccións, se non me chegase algún non vos preocupedes que xa volo pregunto por se houbese algún problema informático/técnico.

 

FORMULARIO SOCIAIS 5º

 

Saúdos para tod@s