Vostede está aquíOrientación

Orientación


O Departamento de Orientación sticky icon

QUE É?

O Departamento de Orientación é un servizo gratuito que se oferta desde o centro para asesorar e informar a pais, mestres e ao propio alumnado sobre todos aqueles aspectos que poidan repercutir na mellora do rendemento académico dos nosos alumnos.

PARA QUE SERVE?

Para aportar información e valorar as necesidades a nivel de estudo, comportamento, rendemento académico, personalidade, adaptación, problemas familiares, hiperactividade, dificultades de pronunciación, problemas auditivos, etc.

O departamento ten recursos para facer valoracións iniciais dos nenos e nenas e, no caso de que se considere necesaria a intervención doutros especialistas (psicólogos, neurólogos, psiquiatras, asistentes sociais ...) é o responsable de comunicarllo ás familias para que acudan a ditos servicios.

É o encargado de tramitar todas aquelas actuacións que sen ser estrictamente académicas poidan incidir no desenvolvemento do neno, sendo o nexo de unión entre o centro e os servizos médicos, cos xulgados ou cos servizos de asistencia social.

QUEN O INTEGRA?

-Orientador: Profesional con formación en Psicoloxía e Pedagoxía.

-Profesor de Pedagoxía Terapéutica (PT): Formada para atender aspectos relativos á mellora da lectura e escritura, aprendizaxe de estratexias básicas, realización de apoios ...

-Profesor de Audición e Linguaxe (AL): Especialista nos temas da fala, emisión de son, problemas auditivos e todo o relacionado coa logopedia.

COMUNICACIÓN

Para calquera dúbida ante unha necesidade do seu fillo ou para realizar unha consulta ou solicitude de asesoramento pode chamar ao centro e preguntar polo orientador (Antonio).

Becas NEAE do MEC 24-25

As axudas para alumnado NEAE do curso 2024-2025 están dirixidas a persoas que presentan unha necesidade específica de recibir apoio educativo, incluíndo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade), derivado dalgunha das seguintes situacións:

-Discapacidade

-Altas capacidades

-Trastorno grave de conduta

-Trastorno grave da comunicación e da linguaxe

-Trastorno do espectro autista

 

A convocatoria para o curso 2024 - 2025 publicouse o 12 de abril de 2024, e pódese solicitar do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024 na seguinte ligazón: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html#pasos-para-solicitarla

Tendes toda a información no documento adxunto.

Para calqueira dúbida ou aclaración poden chamar ao Departamento de Orientacion do centro.

SOLICITUDE BECAS MEC NEAE Curso 2023-2024

As axudas para o curso 2023-2024 están dirixidas a persoas que presentan unha necesidade específica de recibir apoio educativo, incluíndo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade), derivado dalgunha das seguintes situacións:

-Discapacidade

-Altas capacidades

-Trastorno grave de conduta

-Trastorno grave da comunicación e da linguaxe

-Trastorno do espectro autista

 

A convocatoria para o curso 2023 - 2024 publicouse o 26 de abril de 2023, e pódese solicitar do 8 de maio ao 20 de setembro de 2023.

Tendes toda a información no documento adxunto.

Para calqueira dúbida ou aclaración poden chamar ao teléfono do Departamento de Orientacion do centro.

 

Becas ANEAE

Lembramos que está aberto ata o 30 de setembro o prazo para solicitar as becas do Ministerio de Educación para o alumnado con necesidades especiais de apoio educativo.

AL e PT

Bos días familias,

En primeiro lugar, esperamos que todos os nenos e as familias que formades o CEIP Mesón do Vento esteades ben.
Con motivo destes tempos tan estraños que nos está a tocar vivir, as mestras especialistas de AL e PT do centro pensamos en facilitarvos dous documentos moi sinxelos onde poderedes atopar diferentes xogos, actividades, materiais e recursos para  traballar dous aspectos fundamentales: a linguaxe oral e a lectoescritura.
Estas actividades están pensadas para os distintos niveis de Educación Infantil e Primaria e, con práctica e imaxinación, poderedes adaptalos ás vosas necesidades.
Esperamos que vos gusten e poidades aproveitalos. Aquí estamos para todo o que precisedes.
Vémonos moi pronto, moito ánimo.
#EuQuedoNaCasa

XOGAMOS FALANDO        XOGAMOS COAS LETRAS