Vostede está aquíEDLG

EDLG


EDLG sticky icon

 

    Este curso, os compoñentes do EDLG son:

         Anabel Liñares, Lucía Míguez Rivas,

       Sara Miramontes Varela, Anxos Vázquez

            e Julián Montouto López.

Día das Artes Galegas

  O luns 1 de abril foi o Día das Artes Galegas, dedicado este ano ao insigne escultor Francisco Asorey (si, o que fixo a estatua que está no Parque Municipal de Ordes). Por este motivo fixemos no cole un xigantesco mural cunha das súas obras máis representativas: Naiciña de 1922. Vede na foto o chulo que quedou.

Día de Rosalía

  O día 23 de febreiro conmemoramos o nacemento da nosa escritora máis coñecida. Así que todos nos reunimos no pavillón para oír un dos seus poemas musicados e plantar unha camelia na súa honra. Para ver fotos, premede no letreiro.

 

Letras Galegas 2023

  O venres, día 12 de maio celebramos as Letras Galegas con moitas actividades. Premede no letreiro para ver as fotos.

Celebramos a Rosalía

  Con algo de retraso -circunstancias mandan- todas as clases do cole dedicamos tempo a celebrar á nosa máis grande escritora. Premede na imaxe e vede como nos quedaron eses traballos.

O Refraneiro do Mesón

  Os nenos e nenas do CEIP Mesón do Vento fixemos un traballo moi importante de tipo etnográfico: buscamos refráns sobre todos os meses do ano, logo escribímolos e ilustrámolos e velaquí tedes o resultado dese traballo.

REFRÁNS do mes de DECEMBRO

REFRÁNS do mes de XANEIRO

REFRÁNS do mes de FEBREIRO

REFRÁNS do mes de MARZO

REFRÁNS do mes de ABRIL

REFRÁNS do mes de MAIO

REFRÁNS do mes de XUÑO

Letras Galegas e Apadriñamento lector

E de propina os nosos rapaces maiores lendo contos.

Día das Letras Galegas 2020

  Xa sabedes que este 17 de maio chega o día máis grande para a nosa cultura. Desde o EDLG queremos que o celebredes como se nada pasase. Un abrazo a todos e que teñades un gran DÍA das LETRAS GALEGAS. Para coñecer mellor ao autor homenaxeado, Carvalho Calero podedes ver este vídeo cun dos seus poemas máis nostálxicos e emotivos: Ferrol 1916.

Camiño Inglés

  O EDLG preparou un traballo sobre o Camiño Inglés ao seu paso pola comarca de Ordes. O noso amigo Ardemiro é un guía de excepción para informarnos de todos os lugares de interese que podemos atopar nel. Se queredes velo, premede na seguinte ligazón:

ARDEMIRO NO CAMIÑO INGLÉS (1º e 2º)

Situación lingüística

 No ano 2013 o EDLG pasou unha enquisa para saber con precisión a situación lingüística do  noso centro.

  Os resultados non foron sorprendentes: sobre un 90 % dos alumnos (e o mesmo pasa cos seus pais e nais) emprega habitualmente o galego.

  Se queredes profundizar máis, premede no arquivo adxunto onde veredes os resultados desta enquisa comparados cos das enquisas anteriores.