Vostede está aquíÚltimo número

Último número


A Fontiña 2021

  Só en formato dixital (é dicir, só nesta páxina web) pero volve a nosa revista "A Fontiña". Sen moitas das seccións habituais por mor do Coronavirus, pero con todos os nosos traballos. A ver se pronto podemos tela tamén en papel.

A Fontiña 2019

  Unha vez máis (e van) tedes nas vosas mans a revista "A Fontiña" con todas as súas seccións habituais.

  Este ano o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas foi Antón Fraguas que aparece na nosa portada e de quen podedes atopar unha curta biografía no interior.

  Ardemiro viu unha película que lle gustou moito "Avengers: Endgame" e decidiu disfrazarse como o malo desa película (Thanos) coa súa Luva do Infinito. Está na contraportada dicindo o lema do noso cole.

  Polo demais. coma sempre, tedes novas de todo o que fixemos durante o curso e os vosos traballos artísticos, moitas fotos, algún pasatempo e a despedida aos alumnos de sexto.

  Premede na imaxe para ver a revista. Boa lectura!