Vostede está aquíEACE

EACE


Benvidos a todo/as ao apartado de Actividades Extraescolares sticky icon

O meu nome é Alexia e este ano encargareime de ir comentándovos as saídas que imos realizar.

 Por suposto, se pensades en algún lugar interesante para visitar, non dubidedes en poñervos en contacto comigo ou calquera mestre/a do centro, estaremos encantados de considerar as vosas propostas. 

 

Entroido 2024

Prezadas familias!

Para a vindeira semana comezaremos coa celebración do ENTROIDO (do 5 ó 9 de febreiro). Cada día viremos vestidos dunha consigna diferente relacionada coa temática ERASMUS+ , dos diversos países de Europa que estamos a traballar ao longo do curso.

As consignas para o MECO 2024 son as seguintes:

 

 Tamén aproveitamos para convidarvos a acompañarnos na celebración do entroido o venres 9 de febreiro.

Coma noutras celebracións, haberá dobre pitido para a saída. No primeiro deles será para que as familias abandonen o recinto escolar e no segundo, ás 16:00, sairá o alumnado do centro.

Cómpre que avisedes ás titorías con suficiente antelación no caso de que queirades recoller a vosa crianza e non empreguen o bus coma habitualmente. No día da propia celebración non poderemos atender este tipo de peticións por motivos organizativos.

Festival de Nadal

O xoves 21 levaremos a cabo o festival de Nadal no pavillón do centro e a entrada estará aberta para as familias de 11h a 13:30h aproximadamente. Poderes acceder pola porta traseira do pavillón. O prezo da entrada solidaria será doar alimentos non perecedoiros para Cáritas, os cales debedes colocar nas caixas dispostas no pavillón. Na metade do festival realizaremos unha pequena merendola todos xuntos con rosca e chocolate, polo que o alumnado non terá que traer merenda. Para ver fotos, premede na imaxe.

 

 

Queremos agradecer tamén todas as doazóns aportadas para Cáritas Ordes, aquí tendes a listaxe.

MAGOSTO 2023

 

O seguinte venres 10 de novembro imos celebrar o magosto.

Para levar a cabo esta festividade precisamos da vosa colaboración. Necesitamos que cada nena/o traia unha presa de castañas adentadas o día anterior ou o propio día do magosto; e un recipiente para gardas as castañas. Para elo, bastará coa metade dun tetrabrick e un cordón que o suxeite. Este será decorado na aula.

Ao longo do día imos levar a cabo diversas actividades. Pola mañá vamos a realizar un circuíto de actividades cuxa temática son as castañas.

Posteriormente á tarde, comeremos castañas asadas e faremos unha foliada de magosto onde desfrutaremos da música tradicional que tocará algunha familia. Por iso, querémosvos convidar a todas as familias e demais ex-alumn@s do cole a que veñades compartir connosco este día. Ademais, encantaríanos que calquera neno/a que toque algún instrumento se anime a traelo e a unirse a foliada!

Precisamos da vosa puntualidade e compromiso para unha mellor organización. Ás 15:55 tocará a sirena para que as familias abandonen o centro e ás 16:00, coma sempre, faremos a entrega do alumnado que vaia para casa sen transporte escolar. Cómpre que avisedes con antelación ás titorías para saber que alumnado non vai no transporte e o levades convosco na saída. Evitade facelo o mesmo día do festexo, xa que estaremos organizando toda a xornada.

Para ver fotos, premede na imaxe.

Samaín e Halloween

  Despois da exposición de cabazas, o martes 31 tivemos o día cos xogos do Samaín. Para ver fotos, premede na imaxe.

Entroido 2023

 Prezadas familias!

Para a vindeira semana comezaremos coa celebración do ENTROIDO (do 13 ó 17 de febreiro). Cada día viremos vestidos dunha consigna diferente relacionada coa temática do camiño de Santiago, estreitamente relacionado co proxecto que estamos a desenvolver no centro “Vexo vexo, xacobeo”.

As consignas para o MECO 2023 son as seguintes:

 

Tamén aproveitamos para convidarvos a acompañarnos na celebración do entroido o venres 17 de febreiro.

 

Exposición de Cabazas polo Samaín

Queridas familias!

 

Convidámosvos a participar na nosa exposición de cabazas da vindeira semana.