Vostede está aquí5º e 6º de Primaria

5º e 6º de Primaria


Agrupamento do Alumnado sticky icon

5º: 8 alumnos/as

6º: 15 alumnos/as

Ciencia na Rúa

  O sábado 4 de maio, un día bastante desapacible, @s alumn@s de 5º e 6º do CEIP do Mesón do Vento fomos á cidade da Coruña. Estivemos na Praza de Santa Margarida participando no evento "Ciencia na Rúa". Alí ensinamos os experimentos que previamente tiñamos preparados no cole.

  Preme na imaxe para ver algunha foto.

Mobilidade Erasmus+ a Lisboa

E chegou un dos momentos máis ansiados deste curso escolar, a nosa primeira mobilidade Erasmus+ de alumnado a Lisboa, a capital de Portugal. Serán os 14 alumnos de 6ºEP os que formarán parte de esta expedición que será dende o domingo 14 de abril ata o venres 19 de abril do 2024 e irán acompañados por Alexia (mestra de 6ºEI) e Álex Varela (director do centro).

O noso centro anfitrión, o Agrupamento de Escolas de Emidio Navarro concretamente na súa Escola Básica D.António da Costa, xa se fan eco da nosa chegada nas súas web e blog oficial:

https://erasmus-ensino-escolar-21-27.blogspot.com/2024/04/ceip-meson-do-vento-vai-estar-na-escola.html

https://www.aeen.pt/2024/04/11/erasmus-rececao-de-alunos-galegos/

Queremos agradecer a disposición do equipo Erasmus+ portugués para que este proxecto se fixese realidade.

No apartado Erasmus+ desta nosa web, intentaremos colgar novas diarias co máis destacado de cada día.

Deixamos en ficheiros adxuntos o programa de actividades que imos a realizar nesta mobilidade para lograr, entre outros obxectivos, a divulgación do Camiño de Santiago, concretamente o Camiño Inglés e o desenvolvemento a competencia lingüística nunha lingua estranxeira.

Déixámosvos cun vídeo-resumo da mobilidade:

Premendo na imaxe de abaixo, veredes os mellores momentos de cada día. 

Alimentes

  Os alumnos de 5º e 6º curso participan este ano nun concurso do Equipo Alimentes Digital. Despois de varios meses, por fin este abril foron gañadores do concurso e todos recibiron un prato "Alimentes. El Menú saludable". Aquí os podedes ver tan contentos.

Visita d@s nais/pais de 6º de Primaria ao IES Maruxa Mallo

Achegamos a invitación do centro adscrito IES Maruxa Mallo para unha visita das nais/pais do alumnado de 6º de Primaria o vindeiro 25 de xaneiro ás 18:30.

Experimentos de ciencias

  Estivemos estas semanas facendo experimentos de ciencias co alumnado de 5º curso. Se premedes nas ligazóns podedes ver fotos do moito que traballamos na clase e o ben que o pasamos.

EXPERIMENTO CON ÓSOS

EXPERIMENTO CON OVOS

Vídeos de Nadal

Velaquí as actuacións dos nosos nenos e nenas para Nadal.

VIDEO NADAL ALUMNOS DE 3 ANOS 

VIDEO NADAL ALUMNOS DE 4 ANOS

VIDEO NADAL ALUMNOS DE 5 ANOS

VIDEO DE NADAL 1º CURSO DE PRIMARIA 

VIDEO DE NADAL 2º CURSO DE PRIMARIA

VIDEO DE NADAL 3º CURSO

VIDEO DE NADAL 4º CURSO

VIDEO NADAL 5º 

VIDEO NADAL 6º 

Desexarvos a todos os nenos e nenas e ás súas familias que pasedes un bo nadal. descansedes, repasedes e vémonos no vindeiro ano 2021 con máis enerxía aínda!! Moitos biquiños!!=)

Actividades MUSICA 5º E 6º PRIMARIA ( xuño)

Ola a tod@s, despois de estar varias semanas facendo actividades de música, durante estas semanas de xuño, últimas do curso,  na materia de música vouvos a deixar  que repasedes os contidos que estivemos vendo ata agora e para que poidades  facer os formularios que non teñades cubertos ata o momento.

Ademais podedes facer os retos de Ardemiro e xa que está repartido todo o material de música centrarvos máis na frauta, a continuación déixovos as cancións de frauta e algún vídeo máis:

CANCION FRAUTA 5º CURSO

CANCION FRAUTA 6º CURSO

OUTROS VÍDEOS:

Repasar grandes compositores:

Memory compositores

BAILE HIP HOP

 

Saúdos a tod@s e ánimo nesta recta final de curso!!=)

Actividades NATURAIS 5º (semana 25/05)

Ola a tod@s, esta semana en naturais imos a repasar cousas relacionadas co oído, imos a facer 2 cousas:

1. Experimento sobre o son: fai un teléfono con 2 vasos e un fío. ( se queredes podedes mandarme un foto ao correo de como vos quedou)

 

Cando falamos emítense ondas sonoras. Ó falar no vaso, estas ondas fan vibrar o fondo do mesmo e transmítense cara o outro vaso por medio da corda, así é que se pode escoitar o que dicimos.

As ondas sonoras da voz chocan contra o plástico do vaso facéndoo vibrar, estas vibracións continúan pola corda e desprázanse ata chegar ó outro vaso, facendo que tamén o fondo deste vibre e o oído humano capture estas e o decodifique como son.

 

 

Fai un burato no fondo de cada vaso, pasas o fío e faslle un nó.  Cando queiras falar coloca o vaso na túa boca e outra persoa para escoitar debe poñer o vaso no oído.

2. Le o seguinte texto: 12 interesantes curiosidades do oído:

Curiosidades sobre os oídos que descoñecías

 

1.   

O centro do equilibrio está no noso oído: o sistemavestibular situado no oído interno é o encargado de coordinar o equilibrio. Por ese motivo, a maioría dos vértigos teñen o seu orixe no sistema auditivo.

 

Credit photo: Innovando salud

2.   

O oso máis duro: o osotemporal, que protexe o oído interno, é o oso máis duro do corpo humano.

3.   

O oso máis pequeno tamén se atopa no oído. O estribo, situado no oído medio e que forma parte da cadea de osiños, é o oso máis pequeno do noso organismo. 

4.   

O oído está sempre en funcionamento: ¿sabías que o noso sistema auditivo nunca durme? Cando durmimos, o cerebro inhibe os sons que nos rodean e, so cando se produce un ruído diferente e máis intenso, é cando o oído reacciona como mecanismodedefensa para poder actuar rapidamente.

5.   

Os 10 sons que máis nos irritan ós humanos: segundo un estudio da Universidade de Newcastle, estes son ossonsquemáisnosmolestan: fricción de un coitelo contra un cristal, un garfo contra un prato de porcelana, o son do xiz nun encerado, unha regra contra unha botella de cristal, un arañazo no encerado, o choro dun bebé, un taladro eléctrico, as cadeas oxidadas dun columpio.

6.   

 A cera é un protector natural: cerume é un fluído que segrega o corpo de maneira automática e que ten como función principal protexer o oído medio de bacterias, po, fungos… Non obstante, se a súa segregación é abundante, pode provocar obstrución e, consecuentemente, producir tapóns nos oídos que afectan á nosa capacidade auditiva.

7.   

O oído interno xera impulsos eléctricos: as ondas sonoras, unha vez que atravesan todas as partes do oído, convírtense  en impulsos eléctricos gracias á cóclea e ó órganodeCorti.

 

 

8.   

Un tubo estreito destápanos os oídos: un tubo de 3,5 cm de longo conectado coa parte posterior da nariz, chamado TrompadeEustaquio, equilibra a presión do aire no oído medio e prodúcenos esa sensación de destaponamento.

9.   

Pódense previr problemas auditivos ca dieta?: os ácidos graxos Omega3 que se atopan en peixes coma o salmón ou o atún fortalecen os vasos sanguíneos do oído interno. Ademais, o ácido fólico e o consumo de vexetais de follas verdes como as espinacas e a leituga, son beneficiosos para previr problemas auditivos causados  polo ruído.

10.

A música escóitase mellor pola esquerda?: segundo un estudio das universidades de California e Arizona publicado en Science, dende o noso nacemento o oído dereito responde mellor ós sons da fala, mentres que o esquerdo percibe mellor os tons continuos ou sons musicais.

11.

Os bastonciños son bos para os oídos?: Aínda que existe o falso mito de que son o utensilio perfecto para a hixiene do oído, o certo é que o oído é o único órgano que se limpa so. Polo tanto os bastonciños son completamente inútiles para manter a hixiene nos nosos oídos, ademais de ser perxudiciais para eles, pois o que conseguen é levar a cera ata o fondo do conducto auditivo e provocar infeccións ou perda auditiva.

 

12.

A forma das orellas é casual?: a súa estrutura e forma actúan de tal maneira que o oído poida captar todos os sons do noso arredor con maior facilidade, ademais de conducir as ondas sonoras ata o tímpano.

 

Responde o seguinte formulario:

FORMULARIO NATURAIS 5º