Vostede está aquíArdemiro's Games

Ardemiro's Games


Ardemiro's Games sticky icon

Boas, prezadas familias!

Con motivo das medidas excepcionais que estamos a vivir, decidímonos a plantexar uns xogos moi particulares deseñados por Ardemiro para desfrutar en familia e axudar a conservar a nosa saúde física, mental, social e emocional.

Antes de nada, imos a establecer unha serie de aclaracións para que logo isto vaia a fume de carozo:

1 - EN QUÉ CONSISTE?

Ardemiro´s Games baséase en realizar un reto familiar por día, que aparecerá colgado neste apartado máis abaixo e que vós mesmos podedes adaptar á vosa realidade. Contamos coa vosa creatividade e imaxinación para solventar as posibles dificultades que poidades ter (obviamente non vai a ser necesario mercar nada). Non se trata de saturarnos a tarefas senón realizar actividades beneficiosas xuntos onde cada familia marca os tempos, dificultades...

2-QUEN PODE PARTICIPAR?

TOD@S @S DA CASA, fundamental que para que o reto sexa logrado toda a familia se involucre na actividade. Se temos na casa avós, tí@s, irmáns/as maiores/menores, primos...todos deberían formar parte do reto.

3- DURACIÓN? 

Non hai límite de tempo para realizar a reto durante ese día. Intentaremos subir o reto a noite anterior ou ese mesmo día pola mañá para que a poidades realizar de xeito flexible. Intentaremos que sexan actividades curtas e divertidas. Imos ter actividades previstas para estas 2 semanas, logo en función das circunstancias, xa intentaríamos engadir máis ou rematar cos Ardemiro´s Games.

4- E SE NON PUIDEN REALIZAR UNHA TAREFA?

Sabemos que son días complicados, no caso de non poder realizar unha tarefa, ao día seguinte podes optar a facer a tarefa pendente e a que che toque ese día ou optar a facer só a propia dese día para non quedarte rezagad@.

5- COMPARTIMOS?

Durante ou despois de rematar o reto, estaría fenomenal que subirades unha foto ou vídeo do momento ao padlet da semana correspondente que ides ver xusto aquí abaixo. Dentro do propio muro, tendes que premer na círculo do recuncho de abaixo á dereita e xa tendes varias opcións para subir unha foto ou vídeo. Así estamos un pouquiño máis conectados e sabemos que superáchedes o reto marabillosamente ben e xa estades preparados para o seguinte. É moi importante que só @s pais/nais suban os vídeos/fotos, xa que, doutro xeito estariamos vulnerando a lei de protección de datos e o permiso de imaxe. Se queredes ver o padlet en grande, tendes que premer na marxe superior dereita, e abrirásevos noutra lapela.

 PADLET DA 11ª, 12ª SEMANA

Hecho con Padlet

PADLET DA 7ª, 8ª, 9ª E 10ª SEMANA

https://padlet.com/rociosoutolouzao/vanwsdm3p1tbt74a

 

PADLET DA 5ª E 6ª SEMANA

https://padlet.com/alexvarela4/egvzvoihoadi48fk

 

PADLET DA 3ª E 4ª SEMANA

 https://padlet.com/rociosoutolouzao/6gzhu8e1c3kd

 

PADLET DA 2ª SEMANA

 https://padlet.com/rociosoutolouzao/8k66mz9qgjh3

 

PADLET DA 1ª SEMANA

https://padlet.com/alexvarela4/7ls0zt9ontxx

39th CHALLENGE 25/05/2020: DESEÑANDO A NOSA PROPIA BISUTERÍA

Despois de este fin de semana con estes xogos tan chulos e divertidos, imos a continuar cos retos de Ardemiro, como? Pois desta vez tócanos nada máis e nada menos que deseñar a nosa propia bisutería, podedes crear colares, aneis, pulseiras… ou calquera outro obxecto que vos guste, iso sí, tedes que facelo con materiais que teñades á man, os que vos queirades. Estades dispostos a conseguir este reto? Pois deixemos sair a nosa imaxinación e a deseñar!!=)

COMO LOGRAMOS SUPERAR O 39º RETO?

1. Pensar que obxecto queremos deseñar e con qué material o imos a facer ( podemos ver as imaxes de mostra que se amosan máis abaixo de exemplo)

2. Crear a nosa bisutería en familia.

3. Facer vídeo/ foto realizando a bisutería escollida  e subilo ao padlet da 11ª semana.

4. Se cumplides estas premisas RETO CONSEGUIDO.

 

 

38th CHALLENGE: PENSAMOS EN ALTERNATIVAS PARA XOGAR

Xa levamos unha chea de días de confinamento pero iso non fai máis que aumentar a nosa imaxinación e creatividade. Polo tanto, imos a xogar a algunha das alternativas propostas no vídeo. Adaptádeas á vosa realidade e, se queredes, melloradeas á vosa maneira.

COMO LOGRAMOS SUPERAR O 38º RETO? 

1. Ver o vídeo que se mostra a continuación.

2. Preparar os xogos en familia.

3.  Facer vídeo/ foto realizando un par de xogos  e subilo ao padlet da 7ª/8ª/9ª/10ª semana. 

4. Se cumplides estas premisas RETO CONSEGUIDO.

 

AQUI ESTÁ O CONTO REALIZADO TODOS XUNTOS 35th CHALLENGE 15/05/2020

Ola a tod@s, aquí está o conto realizado todos xuntos  que fixemos no reto 35, no fin de semana.

Para ver o conto debedes clicar na seguinte ligazón que pon audioconto, logo clicades na frecha azul e ides pasando as páxinas, ao pasar 2 páxinas ( no comezo do conto)  fixádevos ben, pois como sabedes non é un conto calquera senón un AUDIOCONTO, polo que debaixo de cada páxina aparecerávos unha pestaniña azul que pon "listen", con darlle unha vez xa automáticamente ao pasar as páxinas iránse escoitando os audios.

Esperamos que vos guste e coma sempre moitas gracias por participar e facer que estes retos sexan cada vez máis e máis divertidos.

 

AUDIOCONTO

 

Saúdos, coidádevos e continuamos cos retos!!=)

37th CHALLENGE 20/05/2020: EXPERIMENTO “CORCHO BUCEADOR”

Xa fai unhas semanas demostrastes o ben que se vos da ser científicos, pois no reto 25 realizastes un experimento e a verdade fixéstelo xenial, entón, atreevédesvos a facer outro un pouqiño máis complicado? Seguro que vos sairá igual de ben, pero vamos a demostralo, pois o reto de hoxe ten como obxectivo facer un corcho buceador, conseguiremos que o corcho quede debaixo da auga? Como? Pois preparádevos, atento e xa!!

COMO LOGRAMOS SUPERAR O 37 º RETO? 

1. Ver o vídeo que se mostra a continuación.

2. Preparar o experimento en familia.

3.  Facer vídeo/ foto realizando o experimento e subilo ao padlet da 7ª/8ª/9ª/10ª semana. 

4. Se cumplides estas premisas RETO CONSEGUIDO.

 

36th CHALLENGE: FORMAMOS PARTE DUN CONTO CON IOGA

Como estes días a cousa vai de contos, non quixemos pasar a oportunidade de mesturar imaxinación e ioga na mesma sesión. Seguro que vos gusta!

COMO LOGRAMOS SUPERAR O 36º RETO?

1. Ver o vídeo que se mostra a continuación.

2. Realizar o conto en familia.

 3. Facer vídeo/ foto realizando o conto e subilo ao padlet da 7ª/8ª/9ª/10ª semana.

4. Se cumplides estas premisas RETO CONSEGUIDO.

 

35th CHALLENGE 15/05/2020: CREANDO UN CONTO TODOS XUNTOS

Como todos sabedes estamos nunha semana moi importante, pois coma todos os anos, que se celebra este fin de semana? Vouvos a dar una pista, o domingo é o 17 de maio… efectivamenteee!! é o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, por este motivo e como non podía ser de outra forma o reto versará sobre este día, en que consiste? En crear un conto entre todos.

Si, estades lendo ben, imos  a crear un conto entre todos, para iso que temos que facer?  

O mestre Álex escribirá no padlet e gravará nun audio o comezo do conto, o que temos que facer é continualo. Cada familia inventará entre 3 ou 4 frases e escribiraas no padlet xunto con unha grabación desas frases, continuando o conto sempre a partir do que foron escribindo as diferentes familias anteriormente. A mestra Rocío será a encargada de poñerlle fin a ese conto, esto será o domingo, pois como sabedes este reto durará todo o fin de semana. Ánimo que entre todos seguro que queda un conto chulísimo.

COMO LOGRAMOS SUPERAR O 35º RETO?

1. Ler/ escoitar o que esté escrito do conto polas persoas que o fixeron antes ca nós.

2. Continuar o conto escribindo 3 ou 4 frases por familia, acompañalo con un debuxo e subilo ao padlet da 7ª/8ª/9ª semana.

3. Gravar un audio desas 3 ou 4 frases e poñelo tamén no padlet da 7ª/8ª/9ª semana.

4. Se cumprides estas premisas RETO CONSEGUIDO.  

34Th CHALLENGE 13/05/2020: BATUKADA

Unhas sesións de jedis moi interesantes, pero seguro que o corpo nos pide máis movemento, por iso para hoxe os ardemiro´s games tráennos un novo reto, unha batuka, asique a moverse ao ritmo e son da canción “Salta”, todos a mover o esqueleto!!!;D

COMO LOGRAMOS SUPERAR O 13º RETO?

1. Ver o vídeo que se mostra a continuación.

2. Preparar a coreografía en familia.

 3. Facer vídeo/ foto realizando a coreografía e subilo ao padlet da 7ª/8ª/9ª semana.

4. Se cumplides estas premisas RETO CONSEGUIDO.

33th CHALLENGE: CONVERTÉMONOS EN JEDIS!

Hoxe vimos cunha rutina de exercicios sobre a temática de Star Wars! Sempre ides a ter 3 opcións distintas para que se axusten ás vosas necesidades. Queres ser un Jedi e ter a espada láser???Pois hoxe é o teu día!

COMO LOGRAMOS SUPERAR O 33º RETO?

1. Ver o vídeo que se mostra a continuación.

2. Preparar a nosa sesión de Star Wars fitness en familia.

3.  Facer vídeo ou montaxe de fotos realizando varios exercicios e subilo ao padlet da 7ª/8ª/9ª semana.

4. Se cumplides estas premisas RETO CONSEGUIDO.

 

32th CHALLENGE: FACEMOS FIGURAS MÁIS COMPLICADAS NO ACROSPORT

Ollo piollo, imos a realizar unha clase de Acrosport que ben podemos parecer os do circo do sol. Tendes á vosa disposición figuras novas para poder levalo a cabo. Lembrádevos de realizar a sesión con seguridade.

 COMO LOGRAMOS SUPERAR O 32º RETO?

1. Ver o vídeo que se mostra a continuación.

2. Preparar a nosa sesión de Acrosport en familia.

3.  Facer vídeo ou montaxe de fotos realizando varias figuras  e subilo ao padlet da 7ª/8ª semana.

4. Se cumplides estas premisas RETO CONSEGUIDO.