Vostede está aquíXOGADE
XOGADE
Felices Festas!
Xa sabedes que este ano tan atípico non mandaremos postal de Nadal por correo ordinario, pero aquí tedes a nosa felicitación, esperando que o próximo ano deixemos atrás este pesadelo que vivimos. Se premedes na postal, poderedes ver outras que fixeron os nosos alumnos (supéranse de curso en curso).
E de propina aquí tedes un vídeo, moi destas festas, coa clase de 5 anos.
Concurso de bólas de Nadal
AECOR coa colaboración do Concello de Ordes e a Consellería de Economía e Industria convoca un Concurso de bólas de Nadal no que poden participar todos os nenos e nenas da Comarca de Ordes que teñan entre 3 e 12 anos. Haberá importantes premios. Premede aquí para ver as bases do concurso e aquí para ver o cartel completo.
Distribución de máscaras
Normas polas que se regulan os criterios e procedementos para a distribución de máscaras entre o alumnado.
INSTRUCIÓNS | ORDE no DOG | ANEXO I e II |
Carreira contra a Leucemia
O CEIP Mesón do Vento colaborará coa Fundación "Uno entre cien mil" na 6ª carreira solidaria contra a leucemia infantil que celebraremos o luns 2 de novembro. Aquí tedes unha carta do presidente da fundación onde vos agradece o voso apoio.
3ª Avaliación
Queridas familias:
Debido a que o estado de alarma se prolonga, en vistas á 3ª avaliación queremos saber o seguinte:
- Se a aplicación Abalar Móbil lles está funcionando.
- Se todos/as dispoñen na súa casa dun ordenador con conexión a Internet.
- Se ademais dispoñen dunha impresora para poder imprimir o material.
- Prégase comuniquen ao correo do centro as carencias para intentar buscar unha solución: ceip.meson.vento@edu.xunta.es
Ánimo e forza
O Equipo Directivo
Aviso importante
AXUDA PARA ALUMNOS USUARIOS DO COMEDOR
As familias do alumnado que é usuario gratuíto ou semigratuíto (1 €) do comedor escolar poden solicitar unha axuda durante este tempo de suspensión de clases. Para saber como facelo, premede AQUÍ. Se queredes ver o DOG onde aparece, premede AQUÍ.
2ª AVALIACIÓN
Para saber como se vai efectuar a avaliación do 2º trimestre e a forma de acceder ás notas, premede AQUÍ.
Campus Depor Ordes
Gran sorpresa o mércores 11 de marzo! Para publicitar o próximo Campus que terá lugar do 6 ao 8 de abril (durante a Semana Santa) en Ordes, viñeron ao noso cole algúns dos organizadores.
E a sorpresa foi que entre eles estaba esa lenda do deportivismo e da selección española que é Donato Gama da Silva. A visita foi curta pero tivo tempo de dirixirlles algunhas palabras aos nosos alumnos.