Vostede está aquíErasmus +

Erasmus +


Erasmus+ sticky icon

 

El proyecto “Click and Clil: na procura de Chiscadela” y la ACREDITACIÓN KA120 y los posteriores proyectos KA121 están cofinanciados por el programa Erasmus+ de la Unión Europea. El contenido de esta web escolar es responsabilidad exclusiva del CEIP Mesón do Vento y ni la Comisión Europea, ni el Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) son responsables del uso que pueda hacerse de la información aquí difundida.

 

Notas de prensa: 

- El colegio de Mesón do Vento logra la acreditación Erasmus+

- Acreditación Erasmus+ para o CEIP de Mesón do Vento

 

Para más información podéis entrar en el SEPIE (Servicio Español para la Internacionalización de la Educación): 

 

 

Participamos no Café Viaxeiro Erasmus+

O xoves 9 de maio con motivo do Día de Europa, o Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) convidounos ao programa "Café Viaxeiro Erasmus+" onde puidemos explicar parte do noso proxecto Erasmus+ e a participación da comunidade educativa na vida democrática.

Como ides apreciar, houbo moitos problemas coa conexión e non puidemos expresar todos os contidos como nos gustaría. Malia todo, estamos encantados coa experiencia e de que se lembren de nós dende os servizos centrais de Erasmus+ para poñer en valor o noso proxecto. A nosa exposición comeza sobre o minuto 21.

Posta en común da mobilidade de Erasmus+ en Lisboa

O xoves 2 de maio, o alumnado de 6º EP realizou a presentación por parellas polas diversas aulas do centro. Algunha das imaxes da xornada téndelas premendo aquí.

 

Curso de formación de profesorado en Viena

Dúas mestras do centro realizaron unha formación sobre innovación educativa en Viena do 01-04-24 ata o 05-04-24.

 

Experiencia Vienna 2024 de Noelia Graña Veiras

Posta en común das mobilidades Erasmus+

O luns 29 de abril, realizamos a posta en común das mobilidades Erasmus+ (2 mestras a Viena e 14 alumnos de 6ºEP e 2 mestres acompañantes a Lisboa) co resto do profesorado para realizar a posterior implementación no noso centro dalgunha das ideas que se expoñan.

Mobilidade a Lisboa co alumnado - Día 4 - 17/04/24

O xoves, como parte da expedición de 5° curso do colexio portugués, fomos ao zoo.

Primeiramente asistimos ao espectáculo dos golfiños e logo ao das aves. Logo do xantar acudimos ao centro pedagóxico para que o noso instructor Tiago nos ensinara unha chea de cousas sobre os animais e o propio zoolóxico.

Mobilidade a Lisboa co alumnado - Día 3 - 16/04/24

No día de hoxe, coñecemos ao grupo de 7° curso da mestra Cristina Weber a través de xogos cooperativos para posteriormente observar un vídeo na biblioteca para coñecer a "Revolución dos cravos" e facer por grupos un caravel a través dunha manualidade.
Logo do recreo, fomos ao pavillón para realizar xogos tradicionales e populares portugueses e galegos e antes do xantar fomos á EscolaTécnica  Secundaria Emídio Navarro da man do seu subdirector Tiago.

Xantamos no Teatro Joaquim Benite e fixemos o acto de clausura co reparto de diplomas para todos os participantes.
Pola tarde tivemos a oportunidade de visitar as zonas máis emblemáticas de Belén para logo refrescarnos na praia de Santo Amaro das Oeiras.

Mobilidade a Lisboa co alumnado - Día 2 - 15/04/24

Á chegada ao colexio, dividimos ao grupo en 2. Uns foron a clases de castelán cun grupo de 8° onde presentamos o Camiño de Santiago e os outros foron a unha clase de Inglés de 5° sobre as descripcións físicas "The way we look".

Logo do recreo, fomos ao Museo da Auga onde entre outros contidos, aprendemos sobre a pegada hídrica, o ciclo da auga, o saneamento, a historia de como evolucionou o abastecemento da auga en Lisboa e na Almada e canta auga precisamos para obter distintos alimentos e obxectos.

Subimos ata o Cristo Rey, que ten un mirador espectacular onde obsevabamos parte da cidade de Lisboa e Belén e a ponte 25 de Abril.

Pola tarde, fomos ao centro de Lisboa, a ver a súa Catedral e a realizar un breve tramo do Camiño de Santiago rematando no museo do Fado. Logo das compras no barrio da Alfama subimos ao mirador de Santa Lucía e visitamos as prazas máis emblemáticas da cidade.

Mobilidade a Lisboa co alumnado - Día 1 - 14/04/24

Comezamos a nosa mobilidade Erasmus+ en Lisboa no centro Básico Dom António da Costa cunha presentación en inglés do seu centro por un grupo de 6° e nós tamén fixemos o mesmo co noso.

Logo diso, fomos a facer un percorrido por este centro tan grande e posteriormente fixemos unha actividade de recoñecemento de fauna e flora no Parque da Paz. Pateamos por grupos mesturados todo o parque ao tempo que uns monitores nos explicaban as diversas especies que alí había. Falaron tamén das especies invasoras e de como inflúen no ecosistema.

Despois de xantar achegámonos ao mirador dos Capuchos e apreciamos os 14 km. de praia que se poden apreciar na Costa Caparica. Aproveitando a viaxe, desfrutamos dun anaquiño na praia.

 

De volta nas Oeiras, fomos ata a zona militar do Forte de São Julião da Barra e voltamos para o albergue.

Mobilidade Erasmus+ a Lisboa

E chegou un dos momentos máis ansiados deste curso escolar, a nosa primeira mobilidade Erasmus+ de alumnado a Lisboa, a capital de Portugal. Serán os 14 alumnos de 6ºEP os que formarán parte de esta expedición que será dende o domingo 14 de abril ata o venres 19 de abril do 2024 e irán acompañados por Alexia (mestra de 6ºEI) e Álex Varela (director do centro).

O noso centro anfitrión, o Agrupamento de Escolas de Emidio Navarro concretamente na súa Escola Básica D.António da Costa, xa se fan eco da nosa chegada nas súas web e blog oficial:

https://erasmus-ensino-escolar-21-27.blogspot.com/2024/04/ceip-meson-do-vento-vai-estar-na-escola.html

https://www.aeen.pt/2024/04/11/erasmus-rececao-de-alunos-galegos/

Queremos agradecer a disposición do equipo Erasmus+ portugués para que este proxecto se fixese realidade.

No apartado Erasmus+ desta nosa web, intentaremos colgar novas diarias co máis destacado de cada día.

Deixamos en ficheiros adxuntos o programa de actividades que imos a realizar nesta mobilidade para lograr, entre outros obxectivos, a divulgación do Camiño de Santiago, concretamente o Camiño Inglés e o desenvolvemento a competencia lingüística nunha lingua estranxeira.

Déixámosvos cun vídeo-resumo da mobilidade:

Premendo na imaxe de abaixo, veredes os mellores momentos de cada día.