Vostede está aquíSecretaría

Secretaría


Datos Oficiais sticky icon

Denominación:            CEIP Mesón do Vento

Concello:                     Ordes

Localidade:                  Mesón do Vento

Zona educativa:           Ordes - Mesón do Vento

Código da zona:          150990

Código do centro:       15011105

C.I.F.:                          Q6555024F

Teléfono:                    881 880 894

Fax:                            881 880 895

e-mail:                        ceip.meson.vento@edu.xunta.gal

Código postal:             15689

 

UNIDADES POSTOS DE TRABALLO
EI EP Mixtas TOTAL EI EP FI FF EM EF PT AL OC TOTAL
3 6 0 9 2 5 1 1 1 1 1 0 1 13

SOLICITUDE DE COMEDOR E TRANSPORTE PARA O CURSO 2024/2025

Segundo o disposto no artigo 4 punto 1 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento nos centros sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación: “O alumnado que queira acceder aos servizos complementarios de comedor e/ou transporte e teña garantía de permanencia no centro docente e non teña que formalizar a matrícula, deberá solicitalos expresamente mediante escrito dirixido ao centro durante o mes de maio de cada ano”.

Seguindo a Instrución Conxunta 1/2023, correspondente ao transporte escolar, para manter a condición de usuaria/o con dereito ao transporte escolar, é necesario que se faga un uso continuado do transporte escolar, entendido este como o uso repetitivo del en días fixos da totalidade das semanas, no caso que non se faga uso de xeito continuado, perderá a condición de usuario con dereito a transporte.

Seguindo a Instrución 2/2023, sobre o funcionamento dos comedores escolares de xestión directa, @s usuarios/as do servizo de comedor escolar que durante o prazo dun mes de xeito continuado non fagan uso do citado servizo coa frecuencia solicitada, causarán automaticamente baixa no servizo, agás causas debidamente xustificadas polos usuarios/as ante a dirección do respectivo centro educativo.

 

Achegámoslles a solicitude de comedor e de transporte escolar para o vindeiro curso 2024/2025. Se están interesados, deben presentala no centro ata o 31 de maio. Podedes achegalas na mochila das vosas crianzas.

As solicitudes terán que vir asinadas por calquera dos titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles. En ambos casos, será necesario presentar xunto coas solicitudes a resolución xudicial correspondente, agás en casos de violencia de xénero.

 

Na solicitude de comedor podedes marcar máis dun criterio pero debedes achegar a documentación acreditativa do mesmo.

 

Lembren acompañar a solicitude coa copia da documentación que corresponda segundo o caso:

− Usuario de transporte escolar sen servizo a mediodía: É preciso entregar un certificado familiar colectivo do PADRÓN MUNICIPAL (no caso de sufrir algunha modificación).

− Usuario en situación socioeconómica desfavorable: INFORME dos Servizos Sociais do Concello.

− Usuario cunha discapacidade igual ou superior ao 33%: CERTIFICADO de minusvalía.

− Familias numerosas: TÍTULO DE FAMILIA NUMEROSA.

− Se os pais traballan e non teñen horarios compatibles coa saída do alumnado: CERTIFICADO de horario con selo e asinado pola empresa.

− TRABALLADORES AUTÓNOMOS: CERTIFICADO de alta e último recibo aboado.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS

Vimos de publicar a listaxe provisional de admitidos para 4º de Ed. Infantil.

Todo o alumnado que solicitou praza no noso centro educativo está admitido.

Podedes consultala:

  • - Presencialmente: única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
  • - Telemáticamente: única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou o certificado dixital.

Tras a publicación desta listaxe provisional, temos un período de reclamación de 5 días hábiles, contando como primeiro día o xoves 4 de abril e rematando o mércores 10 de abril.

Lembramos os vindeiros prazos:

  • - Publicación da listaxe definitiva, antes do 15 de maio do 2024.
  • - O alumnado admitido no centro formalizará a súa matrícula na Secretaría do centro educativo do 20 de xuño ao 1 de xullo.

Avaliación de diagnóstico para 4º de Educación Primaria

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4.º curso de educación primaria e 2.º curso de educación secundaria obrigatoria.

No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril en horario lectivo.

Pode atopar máis información no seguinte documento dirixido ás familias:
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/ad2324_faq.pdf

Xornada de portas abertas

O luns 4 de marzo ás 16:30h. no noso centro educativo, teremos a xornada de portas abertas para as familias/alumnado de novo ingreso no centro da zona de influencia e resto de familias interesadas da contorna.

 

As vacantes actuais do centro para o vindeiro curso 24/25 son:

(isto pode variar en calquera momento do proceso)


Curso

Vacantes

4º Inf.

20

5º Inf.

0

6º Inf.

3

1º Pri.

0

2º Pri.

0

3º Pri.

3

4º Pri.

6

5º Pri.

9

6º Pri.

10


 

RESERVA DE PRAZA NOS CENTROS ADSCRITOS 2024-2025

O prazo de presentación de solicitudes para a reserva de praza no centro de adscrición (IES Maruxa Mallo)  é dende o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro, ámbolos dous incluídos.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual ou a través da seguinte aplicación, mediante o modelo anexo I (código de procedemento ED550A), Admisión Alumnado no menú:

Solicitudes > Reserva > Crear

 

Esta solicitude deberase presentar:

- No centro educativo de orixe (CEIP Mesón do Vento) no horario de atención ás familias do equipo directivo.

- En calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común

- Na SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

 

Modelo Anexo I en castelán (ED550A) 

Modelo Anexo I en galego ( ED550A)

Manual de proceso de reserva

- Instrucións para a reserva de praza

- Horario de atención ás familias

Bono Deporte

Engadimos información relativa ao alumnado de 4º, 5º e 6º de EP que asistiu á carreira de XOGADE de monte a través celebrada o venres 1 de decembro:

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/85931/rueda-anuncia-que-bono-deporte-120-euros-estara-activo-8-enero-para-todas-las

Para a xestión da axuda podedes informarvos en:

https://www.bonodeporte.gal

Para dubidas e suxestións: bonodeporte@xunta.gal

Teléfonos de contacto: 881-996344 

 

As axudas non se xestionarán dende o centro educativo.

 

Informacións de comezo do curso

- Estamos tendo problemas con Abalar, co cal, vémonos obrigados a publicalo na web e trasladalo aos grupos de Whatsapp dos diversos cursos para que teñades a información o máis actualizada posible, sentimos de antemán as molestias.

- As actividades lectivas comezarán o día 11 de setembro. Ese día ás 16:15 no pavillón haberá a reunión con todas as familias do centro para a presentación do claustro e a posterior reunión coas titorías onde, entre outras cousas, se aportarán as listaxes de material.

Concretamente, as familias de 5º e 6º de Primaria tamén abordaran infomación sobre as actividades formativas de VIÉRNOLES – CANTABRIA e de Erasmus+.

As familias de 3º de Primaria e novas no centro dos cursos comprendidos entre 4º e 6º deberán asinar a autorización para as seccións bilingües do vindeiro ano que serán facilitadas ese día.

As familias de 3 anos, NON teñen que acudir este día, serán informadas das súa reunión unha vez rematado o período de adaptación.

- Para evitar os extravíos, pregamos que a roupa do alumnado teña o seu nome, igualmente para o neceser e os tenis de Educación Física e Psicomotricidade.

- A roupa que queda doutros anos, se non se recolle ese día, levarémola para un punto de recollida preto do centro.

- En Educación Musical non haberá seccións bilingües. No seu momento alegouse dende o centro para que se puideran manter pero debido a que non somos un colexio plurilingüe o profesorado que imparta música non ten que ter ese perfil. Como ben sabedes, a aposta deste equipo directivo é moi clara en prol da internacionalización do noso centro e así seguiremos.

- Todo o alumnado que solicitou praza no comedor e/ou no transporte escolar ESTÁ ADMITIDO.

Oxalá sexa un ano moi enriquecedor para tod@s e contamos coa vosa colaboración para todas as aventuras e retos que temos por diante para facer do CEIP Mesón do Vento un lugar mellor.

SOLICITUDES TRANSPORTE ESCOLAR

As persoas interesadas en solicitar novas paradas de transporte escolar deberán facelo de forma presencial no noso centro educativo en horario de 10.00h. a 13.00h., ata o 07 de xullo de 2023.

Únicamente poderán ser tramitadas fóra deste prazo solicitudes por necesidades extraordinarias debidamente xustificadas, cambios de domicilio, escolarizacións posteriores ao comezo do curso, escolarizacións forzosas, etc.

 

Libros de texto 2023-2024

Achégase a listaxe dos libros de texto para o vindeiro curso 2023/2024.