Vostede está aquíBlogues / blogue de osvaldoguia / MANIFESTO

MANIFESTO


By osvaldoguia - Posted on 21 Marzo 2019

MANIFESTO

A todas as plantas agradecidos estamos:

debémoslle as nosas vidas,

pois dannos o osíxeno que respiramos

e os alimentos que tomamos.

Pero polas árbores ... o noso amor é especial!

 

As árbores dannos unha morea de froitos:

as laranxas e limóns, os figos e as cereixas,

as mazás e as peras, os pexegos e as ameixas

... e as castañas dos nosos Magostos!

 

Tamén nos dan a madeira dos nosos mobles

e as portas das nosas casas,

a leña que nos quenta nos invernos duros

e os ramos da Semana Santa,

o papel dos xornais, dos libros e libretas

e cando escribimos unha carta.

 

Dan sombra en verán ao camiñante,

dan acubillo do frío aos paxariños,

e a centos doutros animaliños.

E ademais e non menos importante:

dannos compañía ... e dannos beleza

 

Por iso todos xuntos:

GRAZAS ÁRBORES!

COIDEMOS A NATUREZA!